Recepción a delegación chinesa na Deputación Provincial
vigo
A Deputación foi escenario da recepción institucional da presidenta Carmela Silva e o vicepresidente Mosquera a delegación chinesa interesada no Plan Revitaliza, unha viaxe organizada pola fundación Vanke, que esponsorizou un itinerario por Italia, Pontevedra, País Vasco e Navarra para coñecer os modelos de xestión de lixo orgánico máis avanzados en Europa. Os seus integrantes, membros do goberno provincial do Cantón, de ONG, científicos e expertos nos residuos, visitaron varios centros de compostaxe comunitaria que, segundo c consideran, son perfectamente exportables a algunhas zonas do seu país.
A secretaria xeral da Fundación Vanke, Yimei Chen explicou que en moitas cidades chinesas vense os biorresiduos como un problema ambiental "e vemos que hai alternativas para a súa xestión. Ademais dos beneficios ambientais que se poidan conseguir, vemos que hai unha oportunidade para sacarlle proveito aos residuos –facendo compost“.
“O vicepresidente Mosquera afirmou que a visita amosa que hai un problema a nivel mundial, en todos os países, cos residuos. “Todos andamos a buscar vías para resolvelo. Nós aportamos a nosa solución, o noso camiño para a solución. Esta repercusión que está a ter o Revitaliza anímanos a seguir neste camiño e a reforzar as medidas e o proxecto que aínda nos vai dar moitísimas alegrías".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas