Ramón Sarmiento: "Estamos nunha etapa de fortes cambios e necesitamos un goberno acorde con iso"
Ramón Sarmiento foi representante comarcal do metal cando aconteceron as folgas en Vigo no 2009.
Ramón Sarmiento (Baiona, 1973) leva tres semanas á fronte de Sumar Galicia no ámbito provincial. Sindicalista galego, foi secretario Xeral de Comisiones Obreras de Galicia entre 2017 e 2021. Foi representante comarcal do metal cando aconteceron as folgas en Vigo no 2009.
As enquisas debátense entre 0 e 2 escanos para Sumar. como as valora?
Non vexo moito as enquisas que saen de fóra. Nós temos o noso propio estudio que nos dan dous escanos, un por Pontevedra e outro por A Coruña. Somos conscientes de que o nivel de mobilización é clave para que nós teñamos representación parlamentaria.
Márcase algún obxectivo para estas eleccións?
Que se faga o cambio de goberno. Non hai outra opción. E ser un actor importante. Temos que intentar ser a chave para que iso saia adiante. Estamos nunha etapa de fortes cambios, xa sexa na dixitalización, ou na sociedade mesma, e temos que ter un goberno acorde con iso. Non podemos seguir outros catro anos cun mandato que xa leva 15 e non se está a ver ningún cambio para mellorar a vida da xente.
Vostede foi sindicalista. Algunha proposta para mellorar o sector en Vigo?
Temos en mente unha ley para toda Galicia, onde se represente os intereses de empresarios e sindicatos. É importante levar políticas encamiñadas ó diálogo social entre os representantes e mellorar as condición dos traballadores, asumindo determinadas cuestións para que o ambiente laboral sexa moito mellor que agora.
O discurso de Sumar en campaña estase a centrar moito na sanidade.
Non hai máis que botar unha ollada atrás para ver o que pasou en Vigo. En 2008 firmouse un convenio coas universidades, sindicatos, patronais…e deseñou un acordo básico para a sanidade pública, con infraestruturas como a do Álvaro Cunqueiro, mellorar o concerto con Povisa, ter centros de alta resolución…todo iso para dar cobertura sanitaria a máis dun millón de persoas de todo Vigo e a súa área metropolitana. Logo, en 2009, chegou Feijóo e xa non hai nada diso, só privados que reciben clientes da pública ante a saturación existente. Temos isto así por culpa do PP. E nos intentaremos recuperar o proxecto que había antes.
Como vive Ramón Sarmiento a campaña?
Teño que dicir que me vai a marcha, e estou desfrutando un montón. E un bo chute de adrenalina e estou sorprendido do equipo que se formou arredor de Sumar Galicia. Iso faime que esté 100% na campaña, non quero dedicarlle a outras cousas. Recoñezo que me custou unhas 72 horas asentarme neste novo rol de cabeza de lista, porque eu veño da loita sindical e para min é un novo status.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez