Del 10 al 12 de junio
Radar Atlántico: música en directo y sabor gallego
A presentación da guía terá lugar mañá venres ás oito e media do serán, mentres que o sábado pola mañá, dende as once e media e no colexio Castrillón, haberá unha gran festa infantil organizada pola asociación folclórica Tromentelo.
O forte da Festa do Muíño, que organiza a asociación cultural Cacarexo, está anunciado para o sábado e o domingo no Muíño de Fausto. Así, o sábado ás seis e media haberá unha mostra de baile e música tradicional cos grupos Ximalveira, Pandereteiras e grupo infantil de Lembranzas da Ría e Xente Xoven, rematando a xornada coa noite de folc cos grupos Xarope de Uva e Quempallou, aproveitando Quempallou para presentar o seu novo disco 'Vellas novas'.
En canto ao domingo, Tromentelo tocará pasarrúas ao mediodía, e á unha o mestre gaiteiro e investigador moañés, Xavier Blanco, dará o pregón, rematando a festa deste 2012 coa música tradicional desde as seis e media da tarde a cargo de Sons do Muíño e Abaladoiro.
Non faltarán na festa, como outros anos, as empanadas, ovos con migas, viño e outros produtos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar