Publicar Cantares Gallegos foi o salto definitivo á modernidade
Xurxo Martínez, da Universidade de Vigo, analizou a orixe do Rexurdimento dende Vigo
A publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro en Vigo hai 150 anos non foi unha casualidade, tal e como se recolleu da conferencia que Xurxo Martínez, investigador da Universidade de Vigo, deu onte na Casa Galega da Cultura no programa do Ano de Rosalía, promovido polo Concello.
Existía un núcleo de progresismo galego, que se uníu a protección que a familia Chao daba a toda a xeración do Rexurdimento y por último, unha situación económica dominada por unha burguesía proclive a estas ideas, apuntou Martínez. Asemade sinalou que esta publicación foi o salto definitivo á modernidade de Galicia como pobo, deixando atrás o absolutismo para entrar no liberalismo.
O poemario de Rosalía marcou o inicio do renacer da literatura galega, pese a non ser a primeira obra publicada nesta lingua (a precursora foi A gaita galega, de Xoán Pintos, en 1853). Para o ponente a importancia desta obra radica en que xunto a súa calidade, chea de recursos estilísticos da autora e cunha brillante expresión dos seus contidos, o prólogo é máis un manifesto que un introducción literaria, tódalas ideas que Rosalía expón aquí son nas que se asentan as bases do Rexurdimento.
Vigo celebra con catro meses de actividades ter acollido a imprenta da que saíu este libro hai un século e medio. Algo, que para Xurxo Martínez ten unha clara xustificación: Aportoulle á cidade a consolidación da tradición cultural que viña viviendo no século XIX que lle levou a acoller as principais editoriais galegas actuais nun lugar que carecía de tradición de imprenta, e engade que ademais da honra simbólica e o prestixio que supón ser onde se editou unha obra desta importancia, Vigo converteuse nun referente de creación e pensamento. Así, Martínez, quen centra a súa tese na revista viguesa La Oliva, asegura que a esencia deste momento magnifícase polo seu significado: O Rexurdimento abre o campo literario propio, xa que a escrita goza da independencia máis absoluta que se funda con Cantares Gallegos e seguirá con obras inspiradas polas ideas máis avanzadas e progresistas. Rosalía de Castro voltaría a publicar en Vigo en 1859 a súa primeira novela La hija del mar.
As seguintes citas coa poetisa serán mañá, cun recital en De Catro a Catro e o venres, con xornadas musicais no Centro Cultural de Beade e no Conservatorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último