O presidente da Xunta ten saúdo no libro do San Martiño moañés
Moaña celebrará dende o vindeiro xoves e ata o domingo as festas do se patrón San Martiño, pero algún furanchos xa están abertos, aínda que aclaran con ironía que é só por ter o viño 'en período de proba' para cando arranquen as festas.
O certo é que neste 2011 nesa zona do Cruceiro estarán abertos arredor de 30 furanchos, 13 con autorización da comisión de festas.
En realidade O Cruceiro, berce de Moaña, xa vive o San Martiño, posto que carpas e postos están sendo montados para celebrar o xoves as vísperas do patrón coa música de Miramar e Gran Parada, o día grande coa de Palladium e Panamá, e o sábado, día do Carme, con La Bámbola e a banda de música local Airiños do Morrazo.
A sorpresa deste ano é o saúdo no libro das festas do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. 'Dos centos de festas populares que a tradición mantén vivas en Galicia, é a de San Martiño unha das máis senlleiras e cargadas de significado', comeza manifestando, agradecendo máis adiante 'sinceramente a oportunidade que me brinda a pobo de Moaña de participar a través destas liñas nun festexo tan galego e, ao tempo, tan entroncado na cultura europea', posto que os moañeses honran a San Martiño de Tours, rematando con 'parabéns a Moaña no seu patrón'.
Tamén hai saúdas do presidente da Deputación, alcalde, párroco, do presidente do clube deportivo Moaña, do club de remo Tirán e ata de Airiños do Morrazo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar