Presentacion conto ilustrado 'Antón e o Apalpador'

Barafunda editorial publica un conto ilustrado chamado 'Antón e o Apalpador'

“ANTÓN E O APALPADOR”

BARAFUNDA EDITORIAL

Texto: MANUEL CASTRO E MAR AMEIJEIRAS

Ilustracións: FRANCISCO AMEIJEIRAS

Idioma: Galego

Nº páxinas: 36 a toda cor

Encadernación rústica

Tamaño: 20 x 20 cm

Prezo: 10.40 €

Noticia enviada por barafunda editorial
Publicado: 02 dic 2009 - 22:05 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:26

BARAFUNDA EDITORIAL PRESENTA O CONTO ILUSTRADO: “ ANTÓN E O APALPADOR”

UNHA HISTORIA DO NADAL GALEGO

O ilustrador Francisco Ameixeiras e os autores Manuel Castro e Mar Ameixeiras presentarán o conto ilustrado “Antón e o Apalpador” este venres día 4 de Decembro de 11.00 a 12.00 horas en Vigo, no salón de actos do Centro Cívico do Casco Vello. Rúa Oliva 12. (xunto á Colexiata).

A presentación constará dunha pequena introdución sobre esta editorial de recente creación e a lectura do conto acompañada dunha proxección das ilustracións. Para rematar, unhas pandereteiras cantarán as cantigas do Apalpador.

“Antón e o Apalpador” é a historia dun neno de cidade que viaxa a O Courel para pasar as vacacións do Nadal ca súa madriña, alí descubre un mundo máxico dentro da devesa, onde atopa por casualidade a casa do Apalpador, un vello de oficio carboeiro que na noite de Nadal baixa polas aldeas a apalparlle as barrigas dos nenos e nenas para ver se están ben mantidos e deixarlles un feixe de castañas na mesiña de noite. Despois de coñecer ao Apalpador, Antón aprende que hai outra forma de soñar co Nadal..

Ó final do libro hai unha parte de xogos e actividades para que os nenos se familiaricen ca figura do Apalpador

Este proxecto trata de restaurar as tradicións propias e de evitar a homoxeneización da cultura popular a nivel global.

www.apalpador.es

Contenido patrocinado

stats