O Premio de Poesía Carlos Oroza ten primeira edición
Presentáronse as obras galardonadas de Lupe Gómez e Monterríos
Os poemarios gañadores da primeira edición do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza, “Herbario da noite pecha”, de Lupe Gómez e “Carbono 14”, de Morales Monterríos, presentáronse onte na sede da Asociación Évame Oroza. “Lupe e Roberto sodes os primeiros premiados e iso lle da un enorme prestixio ao noso certame, xa que sodes dos poetas moi grandes”, sinalou Xabier Romero, da editorial Elvira, responsable da publicación. Agradeceu o apoio da Xunta de Galicia, representada no acto pola delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz.
A gañadora do premio na modalidade de galego, Lupe Gómez, explicou que os seus poemas “Herbario da noite pecha”, están distribuidos en varias partes e cada unha delas dedicada a persoas ou lugares diferentes, como o seu profesor Ramón, a súa veciña María ou a Biblioteca Pública Ánxel Casal.
Pola súa banda, Monterríos, para quen é a súa primeira vez en Galicia, afirmou sentirse como en casa. Asegurou no crer moito “por non dicir nada, na autoría, e no meu libro (“Carbono 14”) non ides atopar primeiras persoas. É a historia dun fenómeno físico, dunha caída, que se divide en tres partes: Caída libre, polvo en suspensión e fósil”.
A delegada da Xunta puxo en valor a acción cultural de Évame Oroza e a dinamización da parte alta do Casco Vello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar