O PP di que José Blanco está de 'brazos cruzados'

O secretario de Organización e voceiro de Infraestruturas do PPdeG criticou a política de 'brazos cruzados' do ministro de Fomento respecto á conexión do AVE Vigo-Oporto e ínstao a dar exemplo comprometéndose a poñer dita liña en servizo no ano 2015.

Publicado: 12 nov 2010 - 17:37 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:36

Gómez Alonso aproveitou a súa intervención esta tarde no I Seminario sobre o AVE Vigo-Oporto, organizado pola AEXGA para celebrar o pronunciamento do comisario europeo de Transportes, que rexeitou a posibilidade de que se desvíen as axudas comunitarias outorgadas a dito trazado ferroviario a proxectos de alta velocidade entre Lisboa e Madrid. Para o dirixente popular, isto implica que José Blanco xa non ten agora ningunha excusa para evitar negociar co Goberno luso o enlace ferroviario entre Galicia e Portugal. Segundo o popular, o AVE Vigo-Oporto ten unha gran importancia estratéxica para a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, un dos maiores espazos europeos de interrelación económica, social e cultural da Unión Europea. Con respecto a isto, lamenta que o Goberno 'non faga máis que incumprir os seus compromisos coa susodita conexión ferroviaria'.

Contenido patrocinado

stats