Ponteareas fomentará o uso do galego entre os cativos
O Ponteareano Ignacio Vidales Tomé vai ser o protagonista dunha exposición incluida nos actos do 'Mes de Maio, Mes das Letras', que se van desenvolver en Ponteareas
A partir do mércores día 3 de maio, poranse en marcha as actividades de dinamización cara aos colectivos xuvenís coa inauguración, no IES Val do Tea, dunha mostra sobre o ponteareán Vidales Tomé, organizada desde o departamento municipal de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas.
A exposición, que incluirá unha escolma de historietas gráficas coas que Ignacio Vidales Tomé quixo ofrecer unha visión da súa época, reflictindo ao través dos seus debuxos humoristicos moitos dos graves problemas de Galicia, según o concelleiro de Cultura, Andrés Sanpedro, 'quere ser unha homenaxe, ben merecida, ao labor artístico deste caricaturista ponteareán, que co seu lapis agudo e sutilmente irónico, denunciou nos seus trazos unha sociedade carente de igualdade social, pobre e chea de fame'. A xente maís nova, tamén poderá coñecer nesta mostra, 'a visión máis festiva e lúdica de Vidales Tomé nos seus debuxos de temática futbolística ou de crónica social', explica Sanpedro.
A exposición será itinerante e logo de estar no IES Val do Tea, vai visitar outros centros de ensino para dar a coñecer mais de vagar a este ponteareán no 50 aniversario do seu pasamento.
Este ano, como o Día das Letras Galegas está dedicado a o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, o teatro tamén terá protagonismo os días 10 e 12 de maio. E un ano mais, o escenario do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, vai ser a Praza Maior cunha serie de actividades de dinamización da lingua para nenos e adultos, espectáculos e pasarrúas e actuacións folklóricas. Dentro dos obxectivo principais do programa do Mes das Letras 2013, están a expresión oral e a lectura, con citas na Biblioteca Municipal da Perillana.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último