A poesía triste de Valentina Marta, “saída das entrañas”

Valentina Marta Rodríguez escribe dende os 8 anos, pero agora sentíu a necesidade de publicar e compartir os seus versos

Publicado: 21 feb 2025 - 18:24 Actualizado: 21 feb 2025 - 18:52

Valentina Marta publicou o seu primeiro poemario, “Takotsubo”
Valentina Marta publicou o seu primeiro poemario, “Takotsubo”

A poesía non é poesía se non sae das entrañas, non me gusta escribir sobre cosas bonitas, aínda que sexa mais doado, xa que para falar de tristura hai que abrirse en canal”. Valentina Marta Rodríguez (Montevideo, 1985) escribe dende os 8 anos, pero agora sentíu a necesidade de publicar e compartir os seus versos: “Estaba nun momento existencial da miña vida e foi un xeito de cura, puiden expresar o que non era capaz de dicir aos outros”. Cumpre así unha débeda pendente que levou en segredo, sen contarllo a ninguén ata que o poemario saíu a luz.

“Takotsubo. Morfopatoloxía dun corazón roto” é a súa ópera prima. O termo xaponés que dá nome a un aparello para cazar polbos e ao síndrome de corazón roto (unha enfermidade na que doe o corazón) foi o título escollido pola autora que fai unha chiscadela a súa actividade como tradutora especializada no eido da mediciña, que compaxina co ensino na UVigo. 

Adicado a seu pai “que me guía dende o inframundo” e a súa nai “que impulsa os meus pasos en terra firme”, a conformación da corpo poético está cheo de símbolos e referencias a fumadores moi achegados a ela: seus grandes amores e ao seu pai, que morreu de cancro de pulmón e quen tiña como número favorito o 22, a cantidade de poemas que compoñen o libro. 

“A poesía é máxica porque cada un pode facela súa, ler en alto ou para si como mellor a poida experimentar”, afirma a autora.

Contenido patrocinado

stats