A plataforma que logrou dar voz á indignación da xente
Prestige 20 años
O vigués Xosé Sánchez Blázquez foi coordinador de Nunca Máis como membro da primeira xunta xestora dun movemento dos que “todos sentían orgullo de pertencer”
“Por que o ‘Prestige’ xerou esa resposta social cando houbo tantos naufraxios en Galicia? Eu penso que foi porque este viviuse en vivo e en directo; os medios volcáronse co tema, tanto as televisións como os xornais, e dende o primeiro día puidemos ver o que estaban facendo co barco e todas as contraccións que se seguiron, eso provocou a indignación da xente”. Xosé Sánchez Blázquez lembra como presenciou incrédulo que os movementos cunha embarcación “ferida de morte”: “Primeiro quixeron levala a Francia e no Cantábrico impediulles o paso un buque de guerra francés, despois decidiron ir a Cabo Verde e saíulles o encontro unha fragata portuguesa que non lles deixou continuar, estiveron subindo e baixando ata que o barco rompeu”.
O éxito de Nunca Máis foi que agrupou a toda a sociedade con independencia das súas afinidades. “Estou seguro que queremos facelo a a posta e non conseguimos; en Vigo facíamos as asembleas na sede da Federación de Veciños, a xente só quería poñer en común as propostas, nós, os da xunta xestora pouco máis facíamos que tomar nota do que se dicía, había moito entusiasmo, moita gana de facer cousas”.
O símbolo, creado por un publicista Xosé María Torné, unha bandeira galega con fondo negro e un lema xa usado en outras catástrofes ecolóxicas lograron esa unión. Para Sánchez Blázquez, Nunca Máis dáballe dignidade a todo un pobo. “Foi a vez que máis bandeiras dunha mesma causa se colocaron nas casas; como galegos era un orgullo que algo así xurdira aquí e nos identificase; hai toda unha xeración que tiña entón dos 15 aos 30 anos que o viviron en primeira persoa, deulle voz a súa indignación, levan o movemento do Nunca Máis no seu ADN, era a reacción á imaxe dunha Galicia que se tiña por choromiqueira, a de mexan por nós e din que chove”. Eso é o que para quen foi o seu coordinador queda da plataforma que deu o nome a toda unha época, “a lembranza, só iso”.
Se falan de logros, recoñece que algunha cousa se conqueriu, pero o entón coordinador non se amosa optimista. “Témome que se as circunstancias se repetisen e outro bicho deses tivera unha avaría non sería moi diferente; é certo que agora o dobre casco é obrigatorio, fíxose o corredor para as embarcacións e pode que haxa máis remolcadores, pero non hai máis medidas anticontaminación, non creo que as haxa”. Indica que un dos principais fallos foi a xestión da crise, “non sei se fora a Xunta quen o coordinase se o farían mellor, pero dende o Ministerio de Medio Ambiente en Madrid e por teléfono non se decataban do que pasaba”.
Un dos obxectivos de Nunca Máis era que a denuncia xudicial non quedase só no capitán do barco, senón que tamén imputasen a quen lle deu as directrices a tomar. “Aquí todo o mundo sabe que cando hai temporal do oeste o mar devolve á costa todo o que se lle bote, levara onde levara o ‘Prestige’ ía a acabar sulfatando a medio mundo”. Con todo, pasado o xuízo, ninguén asumiu responsabilidades, nin o capitán, que non volveu a España, nin na Capitanía General en Madrid.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último