A pegada de Castelao dende catro coleccións viguesas
Cúmprense 75 anos do pasamento do pai do Estatuto de Galicia e o primeiro presidente do Goberno galego no exilio, o Consello de Galiza, con obra tamén presente na cidade
O Concello, Afundación, a Penzol e o Legado Activo Beiras Cal custodian obras de Castelao que no ano da conmemoración do seu 75 cabodano adquiren maior protagonismo. Pintura, debuxos, escritos, documentación ou artesanía amosan parte da súa actividade que tocaba tódolos paus. Médico, que nunca exerceu, artista e escritor, foi o político a quen se lle debe un Estatuto de Autonomía histórico e o primeiro presidente do Goberno galego no exilio, o Consello de Galiza. A súa acta de constitución, que cumpriu 80 anos, engloba os fondos da fundación Penzol, está exposta na Casa da Cultura Galega. Forma parte dunha exposición, inaugurada en novembro co gallo da efeméride que comparte coa publicación do “Sempre en Galiza”, obra clave de Castelao.
Distintas edicións desta publicación, catro cadernos manuscritos e debuxos ou informes do Partido Galeguista completan a mostra que a Penzol vencellará as actividades polo Ano de Castelao. Ramón Villares abrirá o programa o 22 deste mes cunha conferencia sobre o homenaxeado e o Consello de Galiza. “No arquivo da Fundación temos más de 600 referencias sobre Castelao como unha carta con Tarradellas no 45 ou correspondencia para a reconstrución do Partido Galeguista”, sinala Xosé Manuel Soutullo, director da Penzol. Entre a documentación destaca un álbum de seis autocaricaturas do século XX a unha das carautas deseñadas por el mesmo para a estrea en Bos Aires de “Os vellos non deben namorarse”.
Outra máscara feita para a mesma produción encóntrase no Museo de Francisco Fernández del Riego, tamén na Casa Galega da Cultura e dependente de Castrelos. Esta colección, de propiedade del Concello, tamén conta con dúas tintas de 1908, presentadas a un concurso humorístico en Madrid, onde unha delas obtivo o segundo premio.
Complétase cos 110 debuxos en tinta da serie “Cousas da vida”, que formaron parte das 1.500 das viñetas das que publicou en prensa de 1922 a 1932. Foron expostas en 2000 co gallo do 50 aniversario do caboano. Fontes municipais apuntaron unha posible montaxe con fondos propios coincidindo co Ano Castelao que aínda estaría por definir.
Con todo, o maior conxunto artístico da factoría Castelao está en Afundación, da colección BIC. Son 73 pezas, 68 debuxos, a maioría datados entre 1920 e 1030, e cinco óleos de gran formato: “O emigrante” (1916), “Regreso do indiano” (1918), “Marina” (1922-29) e as dúas táboas de “No faetón de Rianxo a Santiago” (1908), varios deles incluídos en varias propostas expositivas no seu Centro Social.
O Legado Activo Beiras Cal sumouse á lembranza de Castelao, compartido nas súas redes un fragmento do diario inédito de Antón Beiras da viaxe que fixo coa organización xuvenil Ultreya e na que se atoparon co político. “Pola noite teño a ansia de oír a verba cariñosa de Castelao (…). Unha salva de aplausos acolle a súa entrada na sala que xa está chea de xente. Cóntanos os desprezos de que son obxecto os galegos nas demais rexións de España e logo le versos de autores casteláns que son un verdadeiro insulto para Galicia (…). Di da falta que fai preparar á xuventude para o día de mañá, e termina dicindo que esa xuventude será os ultreyas e eu aplaudo con fe e con esperanza (…)”. Remata contando o case riso de Castelao polo mal que interpretaron o himno. Xunto ao testemuño, o LABC comparte unha fotografía daquel día.
A obra de Castelao do Museo provincial, dispoñible na web
O Museo provincial de Pontevedra acolle a maior parte da obra artística, importante documentación e a súa biblioteca persoal de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Amais das actividades presenciais que programará ao longo deste ano, a entidade propón ao público un achegamento a estas obras dende a súa web (museo.depo.gal).
Onte conmemorou o 75 aniversario do pasamento cunha visita guiada especial ás salas adicadas ao pai do Estatuto de Galicia, así como a proxección de “Castelao: de chumbo a verba”, dirixido por Miguel López con Miguel Pernas, Uxía Blanco e Iago Novoa. Rematou a actuación de María do Ceo, que interpretou temas de “Cartas de Amor”.
Amosáronse o percorrido por máis de 1.800 obras que conserva o museo. Nelas está moi presente a súa faceta de artista, pero tamén as de escritor e político galeguista, “imposibles de desligar”, indicaron dende a Deputación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas