Pastora Fernández: "As cotas da pesca galega débense renegociar en Europa"
VIGO
Pastora Fernández é mestra de profesión e lidera a candidatura de Recortes Cero-Grupo Verde para o Congreso pola provincia de Pontevedra.
Cales son os principais puntos do seu programa para a provincia?
A nivel estatal queremos blindar as pensións na Cosntitución, tamén establecer un teito salarial no que ninguén se quede por debaixo dos 1.000 euros ao mes e non máis de 10.000 para evitar tanta desigualdade. Na provincia e en toda Galicia abogamos por recuperar a sanidade. Era moi boa e os recortes perxudicaron ao sistema público de saúde. Por suposto, cremos que é necesario renegociar as medidas que sufriu o sector primario en Galicia dende a entrada na Unión Europea. Trátanse de cotas que perxudican á comunidade na pesca ou no sector leiteiro. Non nos cabe na cabeza que haxa que tirar o leite galego e mercar leite francés. A renegociación ten que facerse para evitar esas desigualdades e que non quedemos no vagón de cola.
As súas medidas buscan acabar coa desigualdade, pero na provincia considera que hai moitas destas situacións?
Penso que en España sobra riqueza pero está mal distribuida e no caso da cidade, por desgraza tamén ocurre. Como mestra si que coñeces casos de nenos que pertencen a familias con máis dificultades. Non é posible que sendo a cuarta economía máis potente de Europa, España sexa o segundo Estado con máis desigualdades. Debémonos replantexar esta situación e crear unha banca pública que se faga con ese diñeiro que pagamos os cidadáns para rescatar aos bancos. Non é algo utópico, en Francia faise e é posible. Non queremos facelo a costa das PEMES, queremos facer esta política cos bancos e cos monopolios.
Están tendo unbo recibimento por parte do electorado da provincia?
É extraordinario. Somos pequenos pero facemos moito traballo na rúa para darnos a coñecer. A xente quere outra alternativa e nós imos cargados de enerxía a pesares de ser unha campaña difícil.
Contenido patrocinado
También te puede interesar