Padre Seixas, a combinación de compromiso social e galeguismo
vigo
A sociedade viguesa rendíu homenaxe ao xesuíta polo primeiro centenario do seu nacemento
Un home é o seu espírito e o espírito dun pobo é o seu idioma. Esta é a idea que mellor define o pensamento do Padre Seixa, un precursor na celebración da liturxia en galego. Onte cumpríronse cen anos do seu nacemento e con tal ocasión, a editorial Sept e a Comunidade de Vida Cristiá promoveron un acto de homenaxe na rúa que leva o seu nome.
A carón do parque da Bouza, reuníronse perto de duascentas persoas que lembraron o seu legado, aínda vixente. Entre eles, familiares, amigos e autoridades civís como o alcalde Abel Caballero e a delegada da Xunta, María José Bravo Bosch. O bispo Luis Quinteiro Fiuza desculpou a súa ausencia.Volveuse escoitar a súa voz nas gravacións conservadas por Silvestre Gómez Xurxo. Tamén se recuperou o seu pensamento a través dos seus escritos.
Na cerimonia, introducida por Francisco Domínguez, da Sept, participaron Gómez Xurxo, Cabala, o propio rexedor e representantes das Vanguardas Obreiras da Coruña lendo textos que permitiron adentrarse na lembranza do homenaxeado. Así, coas súas palabras exprícase como elixe Vigo no lugar da Coruña: escolleu coa cabeza, no co corazón, consciente de que nesta cidades podería desenvolver a súa vocación social. Pero tamén deixa claro o seu compromiso coa Igrexa e co galego: aseguraba que o galeguismo e a universalidade non se contradicen. O aspecto máis íntimo do Padre chegou a lectura dun dos seus poemas.
Xunto ao monumento co seu nome, o acto rematou coa interpretación do Himno Galego.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez