Paco Barxas comparte a súa correspondencia con Cruzeiro Seixas

Publicado: 04 dic 2021 - 00:09 Actualizado: 04 dic 2021 - 00:09

Antón Castro; a directora do Camões, Célia Maria Guido Mendes; Paco Barxas e Valentín García, da Xunta.
Antón Castro; a directora do Camões, Célia Maria Guido Mendes; Paco Barxas e Valentín García, da Xunta.

O Instituto Camões acolleu onte a presentación do libro “Querido Paco Barxas. Cartas de Artur Cruzeiro Seixas (1999-2020)”, no que colabora a Xunta de Galicia. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García celebrou a publicación “deste interesante volume, un máis dos que mostran a estreita relación entre Galicia e Portugal, entre as súas culturas, os seus intelectuais e, por suposto, entre as súas linguas, ponte de comunicación e activo que nos une”.

O volume é unha recompilación das cartas que Cruzeiro Seixas, unha das figuras máis representativas do surrealismo portugués, remitiu Paco Barxas, a quen lle uníu unha longa amizade. O acto coincidíu coa data de aniversario de Cruzeiro, quen cumpriría hoxe 101 anos.

A publicación recolle unha selección da correspondencia que o escritor e xornalista Paco López-Barxas e o artista surrealista portugués Artur Cruzeiro Seixas mantiveron durante os derradeiros 20 anos de vida do luso, falecido o ano pasado apenas un mes antes de cumprir a centena.O autor deste volume, prologado por X. Antón Castro Fernández, recibiu a autorización legal en vida de Cruzeiro para publicar os seus escritos. Porén, Barxas decidiu excluír do libro as cartas que saíron do seu propio puño e letra para centrarse exclusivamente nas do seu amigo, plasmando as confidencias, pensamentos e intimidades que Cruzeiro lle confiou entre 1999 e 2020. Artur Cruzeiro Seixas (Amadora 1920- Lisboa 2020) foi un pintor e poeta portugués. Xunto a Mário Cesariny, converteuse nun dos máximos representantes do surrealismo europeo da segunda metade do século XX con obra en coleccións de primer nivel privadas e públicas.

Contenido patrocinado

stats