A ONG viguesa Implicad@s destitúe ao actor Luis Tosar
o actor ía presentar implícate 2014 pero participou nun vídeo considerado apoloxía de malos tratos pola ong
A Organización Sen Ánimo de Lucro Implicad@s no Desenvolvemento descartou ao actor Luis Tosar como presentador na gala dos seus premios, que se celebrará o vindeiro domingo no Teatro Principal de Santiago, por unha actitude incoherente coa propia organización.
O distanciamento entre a ONG viguesa e o actor débese a participación de Tosar no último videoclip de Los Tres, Hey, hey, hey, considerado como apoloxía dos malos tratos pola organización, que expresou o seu descontento a través dun comunicado: Levamos 16 anos traballando a prol da erradicacion da violencia de xénero dende as raíces, o campo da representación resulta un espazo de vital importancia no que incidimos de xeito constante, denunciando e argumentando a necesidade de crear imaxinarios que non naturalicen a violencia contra as mulleres. Aseguran que este vídeo representa, ao noso entender, un exemplo da continuidade dos discursos da violencia contra as mulleres dunha forma aberta e rexeitable.
Como consecuencia deste traballo de Tosar, Implicad@s no Desenvolvemento deixou de contar coa súa colaboración, tal e como a mesma ONG anunciou: Tras comunicarlle o noso malestar e recibir a súa resposta (a de Tosar), a organización decidíu cancelar a participación de Luís Tosar no Implícate 2014.
Pese a todo, a asociación tamén quixo recoñecer a colaboración do actor que viña sendo constante dende os últimos seis anos e da que dixeron que estivo marcada ata este momento no que nos atopamos por un compromiso que nada ten que ver co superficial ou por unha mera cuestión de imaxe pois sen dúbida as súas contribucións máis importantes foron en moitos casos aquelas que non se fixeron visibles.
Pola súa banda, Tosar asumíu a culpa, pedindo desculpas á asociación e por extensión a todaslas persoas que, con toda lóxica, se sentiron ofendidas polo contido do vídeoclip. Como explicación, o actor aseguoru que non fun moi consciente do que estábamos rodando e que o fixen co ánimo de colaborar, cousa que, supoño, aínda fai o incidente máis grave, coñecendo a miña traxectoria e pertencendo a este colectivo. Asemade, quen foi nomeado embaixador do Casco Vello entende que a súa presenza na gala poida resultar incómoda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez