Once días de música, festa e devoción en Cangas
verano
A vila do Morrazo prepárase para os festexos na honra do Cristo do Consolo dende o 27 de agosto ata o 6 de septembro
nnn O verán despídese coas festas grandes de Cangas, as do Cristo do Consolo. A vila prepárase para once días de música con máis de vinte concertos, pasarrúas e actividades infantis. O programa desenvolverase en varios espazos, dende o Parque de Andrea, pasando polas Naves de Ojea, o Eirado do Sinal, o comezo da praias ou a Praza do Concello co obxetivo de levar o ambiente de festa a toda a vila.
O xoves iniciarase a axenda musical con Foxy Freire e o dj River Man. A foliada chegará o venres con Carapaus e Ludovaina. O sábado, ás 12 horas, Carlos Varela leerá o pregón, tralo cal se procederá a queima de Damas e Galáns na Praza do Concello. A actuación de Gold & Colt, hai que sumar a verbena da noite con Av. Vicenti, Grupo d´momento e Fama, para acabar co dj República Disco Apocalipso.
O día grande será o domingo. Adicado ao Cristo, procesionará a imaxe acompañada pola Virxe do Carme o 20.30 horas. Cando rematen os actos relixiosos se procederá ao espectáculo pirotécnico. A orquesta Ciudad Cristal, o Trío Guateke, TP Million e Jorge Otero dj porán a música.
O luns, o día do Carme, oficiarase unha misa cantada pola coral Queixumes do Hío, as 11.30 horas. Pola tarde, destaca la minibatalla de flores, ás 18.30 no Parque de Andrea. Os concertos correrán a cargo de música galega como Caxade, Sés e Terbutalina.
Do martes destaca o festival "Así canta Cangas", no Eirado, con Areas Gordas de Coiro, a coral Queixumes do Hío, o grupo 3x4 e as corais Santiago de Cangas y Lestonac. Pola noite, unha de cine con "Os Fenómenos".
O mércores, o xoves e o venres destacan polas súas actuacións estrela nas Naves, ás 22.30: Milladoiro, Festival Amstel con Los Cacikes y Puma Pumku máis Día de Furia, respectivamente.
O sábado as actividades prolongaranse dende as 11 ata a unha da madrugada con festivais, pasarrúas e verbenas. As festas rematarán o domingo co Día do Neno e actividades para toda a familia.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar