Unha obra de urxencia para o vial Panxón-Patos
A actuación que vai acometer a Deputación garantirá a viabilidade do uso e seguridade da estrada e evitará riscos
A Deputación de Pontevedra acaba de iniciar o procedemento de contratación por urxencia da reparación do muro de contención situado na praia da Madorra, en Panxón, no concello de Nigrán, e que se corresponde cun treito da Estrada Provincial-EP2104 entre as praias de Panxón e Patos.
A institución provincial dedicará a estes traballos un investimento de 150.000 euros para actuar nun treito de arredor de 250 metros.
A infraestrutura sufriu danos por mor dos temporais que se veñen sucedendo no último mes, concretamente durante a última semana de outubro, cando o muro se viu afectado gravemente e con risco para os seus usuarios debido á preamar máxima que se rexistrou na zona. Ademais por mor dos temporais, a cementación do muro de cachotería quedou no aire ao levar o mar toda a area da praia, quedando as rochas do fondo á vista. Os danos chegaron tamén á propia calzada, producíndose unha fenda lonxitudinal signo do seu afundimento. A consecuencia diso, e tendo en conta o probable colapso en próximos temporais, a Deputación de Pontevedra procedeu a cortar o tránsito peonil do paseo marítimo co que conta a estrada provincial, así como á desviación do tráfico rodado.
A actuación de emerxencia que vai acometer a Deputación Provincial garantirá a viabilidade do uso e seguridade da estrada e evitará riscos de danos maiores antes de que se vexan afectados o resto do muro e mais o paseo marítimo.
A pasarela
Repararase o muro, reforzarase a súa base e desmontarase a pasarela. Segundo indicou o organismo provincial, no caso do muro, será necesario demoler e reconstruír as zonas afectadas así como enchelo con materiais adecuados.
Tamén se reporá a rede de drenaxe e o paquete de firme na zona afectada na estrada entre Panxón e Patos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Resumen del 2025
Condenados al peaje hasta 2048
Navidad
La Navidad de Vigo en miniatura
Resumen del 2025
Vigo vivió el apagón entre la confusión y el civismo