A obra plástica de Castelao: de Vigo a inspiración francesa
O experto Carlos L. Bernández analizou a conexión gráfica do caricaturista e dramaturgo no seu libro “Novos Diálogos”
Castelao non só foi un ensayista. Nin un dramaturgo. Foi algo máis. Nas súas mans brotaron as mellores representacións gráficas do inicio do século XX. Unha obra cargada de mensaxe, de reivindicacións e con inspiracións lonxe das fronteiras españolas. Unha mensaxe onde Vigo estivo moi presente, aínda que nunca residiu na cidade, e que recolle o experto Carlos Bernández no seu libro “Novos Diálogos”, cunhas imaxes que poden verse no museo Marco.
“Vigo foi un lugar de referencia en Castelao para a publicación dos seus traballos”, remarcou Bernández. A súa presenza na prensa escrita, en Vida Gallega ou no Xornal Galicia, a través das caricaturas amosaba a firme aposta que tiña Vigo por ser pioneira neses tempos no eixo cultural. “Vigo tiña esa expansión que a Castelao achegáballe esa popularidade. Por iso, aínda que asentado en Pontevedra durante moitos anos, él era sabedor da importancia editorial, xornalística, cultural e económica que tiña Vigo”, asegurou. Tal foi así, que comezou a colaborar no Xornal Galicia a principios do ano 1920 baixo a dirección de Valentín Paz Andrade e, incluso, foi o creador do diseño gráfico do Xornal e dun cartel publicitario.
Cedo comezou a mostrar unha inquietude pola política e tamén pola caricatura. Quedou referendado nunha primeira mostra en Vigo no ano 1909, en García Barbón, onde realizou unha “moi destacada” conferencia para amosar con seus debuxos “a cultura de Vigo”. Neses tempos xa comenzara a ter relación con persoas como Valentín Paz Andrade ou o arquitecto Manuel Gómez Román. Iso fixo que, dende os seus primeiros pasos, descartase os seus estudios principais: “Él era medico. Fixo a carreira pero renunciou a ela. E dedicouse a caricatura para ter un sustento económico”.
Castelao bebeu de novas iniciativas plásticas que estaban a ocorrer en Francia e Alemaña. En 1921 empapouse de toda esa cultura tras facer unha viaxe de un ano por esas terras europeas. Tempo suficiente para coñecer a ironía feroz e o realismo das súas viñetas, pioneiras en Galicia e España. “Foi un modelo para os autores. Entre os anos 20 e 30 era unha figura imprescindible. Tanto foi así, que as súas caricaturas comezaron a ser a primeira páxina de todos os xornais". Un debuxo que foi caracterizado por unha imaxe, sen exceso de florituras artísticas, acompañada dun pequeno texto moi directo e conciso. Esa popularidade fixo que outros artistas, como Carlos Maside ou José Otero Abeledo, “Laxeiro”, copiasen o seu modelo.
“Castelao foi o primeiro híbrido no xénero da arte, da obra plástica e da literatura. Non se pode entender o texto sen a ilustración", afirmou Bernández. Pioneiro na península pero coa inspiración francesa, na que fixo unha ponte entre Vigo e Francia. Pero ante os referentes franceses e alemáns, unha parte era colleita propia, macerada nese Vigo cultural de inicios do século XX. “O caricaturismo e a ilustración gráfica de Castelao suma moitos referentes a finais do século XIX. Sobre todo en revistas francesas”, resaltou o experto. Xa dende moi novo, segundo recolle a súa biblioteca particular, xa desenvolvía ese tipo de obra caricaturesca.
Ademais, a linguaxe formou parte desa creación a través do modernismo. Nesa época, a influencia das estampas xaponesas atopábanse moito nos anos vinte por Europa adiante, e que influíron la obra de outros artistas de talla mundial como Van Gogh. Tamén as rusas, cos detalles que se poden apreciar na obra "Os vellos non debe de namorarse. “Esas estampas chegan a Galicia. Chegan a Castelao. Nas súas obras deixase ver moito nos paisaxes, por exemplo”, sinalou Bernández. Aínda que Castelao faría un modelo singular de todo iso. Un modelo que atopou en Vigo a inspiración cultural que necesitaba.
Contenido patrocinado
También te puede interesar