A nova xeración de merdeiros proba a rúa
vigo
Achégase o Entroido e dende a Asociación Etnográfica A Merdeira inician as saídas da personaxe viguesa. Onte tivo lugar os obradoiros dirixidos aos cativos da casa para que se familiaricen co Merdeiro.
Os nenos fixeron a sús propia máscara nas instalacións da asociación veciñal do Casco Vello, baixo o nome Merdeirada Infantil.
Despois da elaboración, incorporárona a súa indumentaria (era requisito esencial que vestiran con pantalón e camisa branca). Acompañados por adultos, saíron a percorrer as rúas do Casco Vello, armados con verzas e allos para facer as trasnadas cotías.
Aprenderon que O Merdeiro era o xeito con que os mariñeiros criticaban na época de Entroido aos labregos, ridiculizando o xeito de vida dos seus veciños das parroquias adicadas ao campo. Foi unha tarde de festa na que non faltou a chocolatada, acompañada de biscoito para recobrar forzas trala troulada.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar