NOTA DE PRENSA DA SECCIÓN SINDICAL DE CC.OO. DE POVISA

-

Noticia enviada por Javier Costas Dios

Publicado: 13 may 2010 - 21:34 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:26

Ante a nota de prensa da ASOCIACIÓN GALEGA PARA Á DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA do día 8 de maio de 2010, asinada por MANUEL MARTÍN GARCÍA, onde no punto CATRO dí textualmente: “Con el fin de facilitar esta deriva privatizadora, el presidente Feijoo no ha dudado en poner al frente del SERGAS a una gerente que hasta hace poco dirigía un hospital de POVISA, quizás para supervisar la ausencia de ideas de la propia Conselleira”.

E no QUINTO dí: “Que este centro lleva décadas entorpeciendo el desarrollo de la Sanidad Pública viguesa, incumpliendo las tareas de atención a la población, a la que asiste como sus listas de espera demuestran, es algo que los profesionales de la Sanidad conocemos perfectamente. Que consiga hacerse con el control del nuevo Hospital de Vigo, que Núñez Feijoo reivindica como público, es un enorme peligro para la Sanidad Pública en esta comarca y a la larga para toda la gallega.”.

A Sección Sindical de CC.OO. do HOSPITAL POVISA quere facer as seguintes puntualizacións: No referente ó punto CATRO ésta Sección Sindical non ten idea de por qué o Sr. Feijoo nomeou á Xerente que está ó fronte do SERGAS, asi mesmo non tivemos constancia de que dita Xerente estivese nalgún momento relacionada con POVISA, no derradeiro caso pode que a súa relación fose co grupo ó que pertence POVISA, pero podemos afirmar que nunca perteneceu a éste Hospital, polo que pediríamos a esa PLATAFORMA que se dirixa o Sr. Feijoo e lle pregunte o porque dese nombramento.

En referencia ó punto QUINTO queremos manifestar que éste Hospital leva décadas prestando asistencia SANITARIA PUBLICA, primero a través do ISM; Despois con derivación de pacientes do SERGAS, que os hospitales públicos non QUERIAN atender, polo seu ESTADO ou por NON ESTAREN CAPACITADOS para tratalos pola súa COMPLEXIDADE; E agora con un CONCERTO SINGULAR.

Non sabemos o interés que pode ter, se é que o ten ó grupo ó que pertence POVISA, por facerse co control do NOVO HOSPITAL DE VIGO, pero se así fose nunca sería responsabilidade dos traballador@s deste HOSPITAL.

Se se quere ser crítico coa PRIVATIZACIÓN do novo HOSPITAL ou co que o Sr. Feijo queira facer con él, esa PLATAFORMA ten todo o seu dereito a manifestarse en contra, pero cando CRITICA a calidade da atención que se lle presta os pacientes derivados ó HOSPITAL POVISA esta criticando e poñendo en ENTREDITO á PROFESIONALIDADE de MIL CINCOCENTOS TRABALLADOR@S que prestamos servicio neste HOSPITAL, dando en moitos casos, no solo IGUAL senón MELLOR Atención Sanitaria da que se lle presta nos HOPITALES PUBLICOS desta comarca.

Tamén pediríamos a esa PLATAFORMA que se informase na CONSELLERÍA DE SANIDADE que COSTO ten cada paciente asinado a POVISA e canto ós pacientes atendidos no CHUVI, pode que así se aclaresen as dúbidas DAS LISTAS DE ESPERA.

JAVIER COSTAS DIOS

Delegado sindical CC.OO de Povisa

13 de Mayo de 2010

Contenido patrocinado

stats