“Nos obxectivos que o ensino debe cubrir se está retrocedendo e fracasando”

EMILIO FDEZ. ZUNZUNEGUI Mestre

redacción vigo
Publicado: 20 abr 2015 - 12:33 Actualizado: 21 abr 2015 - 11:36
2015042010312013396
2015042010312013396

"Magis" era o seu nome de guerra na clandestinidade porque nas asambleas representaba a Magisterio. Empezou a dar clases no Ángel de la Guarda, que hoxe é Cooperativa La Medoña, na década dos 70 e despois en centros públicos do Val Miñor. A súa militancia política levouno a afiliarse a CC OO e quere compartir este premio coa Federación de Ensino do sindicato. Acaba de xubilarse en Baiona.

¿Cómo recibe este premio dos propios compañeiros?

Con moito honor e satisfacción enorme e imprevista. Non consideraba que era merecedor delo. Sorprendeume. Quería resaltar un aspecto que me preocupa, sei que o outro premio é á plataforma en defensa da sanidade, que sí me parece merecido. Entón me pregunto por qué non damos conseguido no ensino unha soa plataforma. Carecemos dun instrumento unitario.

¿Cómo cree que ten evolucionado o sindicalismo dentro do ensino?

Naqueles comezos tocou unha época onde os cambios sociais se afrontaban dun xeito colectivo e incluso tranversal. Eran retos xeneracionais que afrontabamos en debates colectivos e maioritarios sobre o que iba enfrontando a sociedade e como había que ir construíndo un ensino distinto. E ó mesmo tempo construir a plataforma en defensa dos traballadores do sector, que sempre dende CC OO tivemos moito cuidado que non se confrontara coa mellora da calidade do sistema, que as melloras dos traballadores foran parellas á mellora da calidade do sistema educativo escapando de corporativismos, aínda que ás veces caímos neles. Hoxe en día creo que, igual que o resto da sociedade, transformouse nunha loita moito máis individualizada. Hai menos solidariedade e aquelas pretensións dun traballo colectivo de comunidade escolar quedou un tanto parado e está moi anaquizado. Eso nos resta potencialidade. Aparte que creo que está vencendo o poder, que logrou unha escola estanca. Boto en falta que nos tres obxectivos que o ensino debe cubrir, que é superar desigualdades, formar cidadáns críticos e insertar á xente no mundo laboral, se está retrocedendo e fracasando.

¿Non se ten mellorado en nada?

Nos últimos anos difícilmente porque creo que houbo un retroceso global. Confío que haxa una reacción social. Pero nos últimos tempos, pese a que os traballadores do ensino, tanto público como privado, están traballando a reo, o sistema neoliberal no mundo está conquerindo que a educación sexa un sistema reproductor, conservador do sistema. Se traballa e se dirixen os centros con medo porque é una loita individual, hai retroceso na laicidade, se enche de reválidas o sistema, se rebaixan becas, se legaliza a coeducación.

¿Cómo xurde a súa conciencia social?

Meus pais eran mestres, os últimos das unitarias do barrio de Ribadavia. Lembro un día pasando por Pereiró e a miña nai fixo un comentario a meu pai: "Emilio ata despois de mortos seguen as desigualdades" vendo os panteóns. Eso me marcou. n

Contenido patrocinado

stats