Soutullo: “Non podemos ser unha casa pechada, como un antigo mosteiro cheo de estudiosos”
ENTREVISTA AL DIRECTOR DE PENZOL
Xosé Manuel Soutullo España (Vigo, 1956) xa é o novo director da Fundación Penzol. Tomou hai uns días o relevo de mans de Francisco Domínguez Martínez. O seu predecesor, tras once anos no cargo, comunicou ao Padroado o seu desexo de deixar paso a outros, aínda que permanecerá formando parte da institución. Home do barrio do Calvario, naceu en Lavadores e tras pasar 40 anos vencellado á editorial Galaxia, xubilouse e comeza unha nova etapa. Na súa traxectoria está o seu paso polo consello de redacción da revista “Grial”, dende 1989 ata 2019 ou a súa responsabilidade como director de producción da editorial Galaxia, “na sala de máquinas”, puntualiza nas súas primeiras declaracións a Atlántico como director da Penzol. “Fun un afortunado porque puiden combinar un traballo remunerado cunha actividade que aportou moitas satisfaccións”.
Pola súa traxectoria en Galaxia xa coñecía o funcionamento da Penzol.
Sempre houbo relación entre a editorial e a Penzol, Francisco Fernández del Riego, un dos artífices de Galaxia, foi o seu director durante 40 anos. Por razóns de traballo, eu adiqueime a proxectos culturais, mantiven durante anos una relación coa Fundación. Dende hai tres anos entrei no Padroado.
E como xurdíu asumir a dirección?
Xubileime en febreiro e Quico Domínguez quería retirarse, dende o Padroado propuxéronme iniciar esta nova etapa. Non é doado que isto pase, é un honor que non se pode reixeitar. A miña actividade en Galaxia y a miña condición de galeguista sempre foron inseparables e este é un xeito de seguir colaborando coa cultura galega de xeito activo.
Que obrigas lle agardan enriba da mesa?
Como director terei que aplicar e lever adiante os obxectivos que plantexe o Padroado. Froito dun convenio co Concello, a nosa biblioteca está atendida por persoal municipal e a función do director é facer que as tarefas se leven a termo en colaboración cos traballadores e os técnicos. As miñas obrigas serán de xestor, director e xerente. Seguiréi co pauta marcada da dixitalización de fondos.
Hai uns anos que traballan na dixitalización, como vai o proceso?
Temos dous tipos de fondos na Penzol: as monografías das que nos fornecen as editoriais, alrededor de 50.000 exemplares o os arquivos moi extensos con documentación de Castelao, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e moitos, nos que epistolarios, documentación, que é fundamental catalogar.
Entón a súa dirección manterá unha continuidade coa do seu predecesor?
A clave na miña xestión será seguir pola mesma liña que se iniciou con Quico Domínguez en relación coa dixitalización. Agora xa non teñen que vir os investigadores á sala, poden acceder aos fondos por internet. É o meu primeiro día e non sei que porcentaxe temos dixitalizado, pero hai uns días volcamos 4.000 documentos relacionadas con Castelao, un lote que lle mercara Fermín Penzol a Álvarez Blázquez. Estamos pendentes de asinar convenios con outras institucións de Galicia para avanzar neste proceso. Apostamos por todo o que sexa contribuir na divulgación da nosa biblioteca.
Agora que acaba de chegar, se plantexa algún reto específico para a súa dirección?
Non teño nengunha predilección especial. Como lector e editor sermpre me interesaron as epístolas. Non só transmiten información do autor, senon explican moi ben o tempo no que vivíu. Gustaríame facelas accesibles, amais da dixitalización, vanse publicando libros moi valoradas polos investigadores.
A Fundación Penzol leva anos activa en facebook. Ten algunha estratexia para aumentar a súa presenza en redes?
Por agora hai dúas persoas do Padroado adicadas a mantelo activo. En redes e en comunicación temos que facer un maior esforzo para a visualización da Fundación e dos seus fondos, non sei se destinando máis xente ou de que xeito.
Aínda que a Penzol ten unha vocación galaica, a súa sede está en Vigo, pero non é moi coñecida. Hai plans de apertura á cidade?
Tamén queremos facer un esforzo no ensino, para dar a coñecer este patrimonio. Se se establece un vencello cos rapaces tamén chegará ás familias. Non podemos ser unha casa pechada, como un antigo mosteiro cheo de estudiosos. Temos que abrirnos á sociedade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último