“Nin no programa, nin no primeiro concerto fun consciente dos fans que tiña”
SABELA Participante de OT 2018, hoxe asina discos en Vigo
nnn Con 24 anos, Sabela Ramil, natural das Pontes, demostrou ter talento, persoalidade e madurez durante o seu paso por Operación Triunfo 2018.
De ser a primeira nominada finalizou de cuarta un concurso no que reivindicou o galego como lingua vehícular. Hoxe, na marquesina de El Corte Inglés, en Gran Vía, asinará discos das cancións que defendeu en OT, de 17 a 19 horas. Aspirou con “Hoy soñaré” a representar España en Eurovisión: “Aporta sonidos distintos que poden dar outra cor ao festival”. Gañou o seu compañeiro Miki con “La venta”, a quen xa lle deu todo o seu apoio nas redes: “É xenial que un grupo de cultura festivaleira española vaia aEurovisión; La Pegatina peta alá onde vai e agora Miki tamén o fará”. Así, Sabela falou onte para os lectores de Atlántico sobre a situación na que se atopa e dos seus novos retos.
Dende que o seu paso polo programa esta é a primeira visita que fai a Vigo. Como se sinte?
É a primeira vez que veño dende que saín do programa, porque a última vez que estiven aquí foi precisamente para o cásting de OT. Estou moi contenta, é unha cidade que me gusta moito.
A súa participación en Operación Triunfo xerou fans non só en toda Galicia, senon tamén en Portugal. Era coñecedora deste apoio?
Nin durante o programa, nin no primeiro concerto fun consciente dos fans que tiña. Penso que as sesións de sinaturas están moi ben para eso porque permiten o contacto directo coa xente.
Cun grao en terapia ocupacional e un master en musicoterapia, que lle levou a probar sorte nun concuso de talentos?
Levoume a música, tentar facerme un oco. Quería ver se podía facer unha carreira musical, doutro xeito non tería medios para logralo.
Como lle cambio a vida pasar pola televisión?
Non cambia tanto, só varía algo a rutina. Foi moito máis cando estaba no boom do programa. O meu obxectivo segue a ser o mesmo que antes, vivir da música.
Xa hai data para iniciar a gravación do seu disco coas súas composicións?
Por agora aínda non sabemos nada. Estamos buscando á xente coa que poder facer novas composicións. Xa rematei a primera canción, pero preciso máis músicos y máis editores. É un proceso complicado.
No seu paso polo programa defendeu cancións en galego e o seu gusto por facelo. Pensa que lle beneficiou ou foi un hándicap?
Non sei. A xente valorou que podía ser arriscado. Para min foi moi natural, o arricado sería non facelo. É inevitable que nos encasillen no programa. Unha vez fóra e cunha carreira propia xa se irá creando a persoalidade propia.
OT xa conta cunha boa canteira de galegos, teñen relación entre sí?
É certo que hai unha boa representación. Tratei cos da última edición ao comezo e estamos en contacto. Sempre é unha axuda.
Presenta o disco cos temas que defendeu durante o programa. Algún ten un significado especial?
Dende logo. O lado positivo de ter sido nominada é que me permitía elixir os temas. Todos son especiais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último