Nigrán súmase á conmemoración do Día Mundial dos Humidais
O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, presentou onte as actividades previstas para mañá con motivo do Día Mundial dos Humidais.
No acto participaron a concelleira de Educación e Persoal, Ana Rosa Costas, a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, o director técnico de Estela Loxítica e Proxectos, Anxo Rajó, e o biólogo especialista en educación ambiental e guía da actividade, Miguel Fernández.
A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente organizará un acto o sábado, entre as 11,00 e as 13,00 horas, para conmemorar a data en que se adoptou a Convención sobre os Humidais (Convención Ramsar), o 2 de febreiro de 1971.
Este ano 2012, o Concello de Nigrán quere sumarse a esta iniciativa coa organización dun percorrido guiado por biólogos e especialistas en medioambiente que partirá dende a antiga estación do tranvía.
O biólogo Miguel Fernández presentou o estuario da Foz como A Doñana galega pola súa riqueza de flora, fauna e paisajística. Fernández explicou que moitas aves procedentes de países como Francia ou Bélxica fan escala neste espazo natural na súa ruta migratoria norte-sur. Debemos concienciar a xente de que non fai falla viaxar lonxe para atopar auténticos paraísos de gran valor, sinalou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar