Episodios vigueses
Pepe Iglesias “El Zorro” y Pepe Vázquez en Radio Vigo
O alcalde de Nigrán, Juan González, viaxou onte a Manchester co alumnado de intercambio do CEIP Humberto Juanes para propoñer oficialmente un irmandamento entre o distrito de Chorlton no que se atopa o Colexio Saint John´s e o municipio tras prácticamente 2 décadas de experiencia compartida.
"Mantiven un encontro coa concelleira laborista Tina Kirwin-McGinley na que tamén nos indicou o seu interese en facer oficial estes lazos que unen xa a dous xeracións de ingleses e de nigraneses", explicou o alcalde, Juan González, quen regresou hoxe despois dunha viaxe lóstrego que o alumnado nigranés gozará ata o martes 18.
O CEIP Plurilingüe Humberto Juanes cumpre 19 anos de intercambio lingüístico-cultural con Manchester, en concreto co colexio Saint John’s do barrio de Chorlton, o que se traduce en máis de 600 alumnos ingleses recibidos coas súas familias. O intercambio comezou sendo ‘só’ un contacto epistolar entre o alumnado de 5º e 6º e hoxe en día está xa instaurado no día a día do centro nigranés e supón un selo de identidade. En todos os casos, as criazas de Nigrán alóxanse en casa de familias e durante toda a semana participan nunha ampla programación socioculural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Mundial 2026
España se cura con una goleada ante Arabia Saudí
Conflicto en Oriente Próximo
Negociación tensa en Suiza: Irán da un portazo a Trump por sus amenazas