“Nacemos á calor de Podemos e de Ada Colau”

Con 62 anos, pese ao seu acento arxentino naceu en San Xoán do Monte. Preséntase como candidato da plataforma cidadá Gañemos.

Redacción vigo
Publicado: 19 may 2015 - 12:58 Actualizado: 20 may 2015 - 12:06
Lois Pérez Leira.
Lois Pérez Leira.

Cales son as expectativas que ten nos primeiros comicios desta formación?

Contamos con ser a sorpresa electoral. Temo- lo apoio dos que ían votar a Podemos, ou que tiñan previsto absterse. O noso voto céntrase nos de abaixo, nos que están sufrindo a crise e na mocidade viguesa. Nacemos á calor da aparición emerxente de Podemos e da experiencia municipalista de Ada Colau de Guanyem Barcelona (Gañemos Barcelona).

Algunhas enquisas sitúano dentro dos candidatos máis coñecidos da cidade.

Creo que a miña popularidade se debe a tantos anos de loita en defensa de distintas causas populares, a miña participación activa na vida sindical, os dereitos humanos, a inmigración, a memoria histórica. A miña loita sempre foi contra a casta da nosa cidade.

Por que a esquerda vai tan dividida?

Gañemos Vigo ata último momento suscítolle oficialmente a Marea de Vigo ir coligados nunha alianza. Eles non quixeron. Isto non é novo en Esquerda Unida desde hai tres convocatorias municipais negáronse a chegar a acordos unitarios. A vez anterior por pouco votos non lograron un concelleiro. A falta dunha actitude unitaria págase electoralmente. Doutra banda existe moito «friki» na esquerda viguesa e un gran canibalismo político.

Contenido patrocinado

stats