Música nun claustro barroco

A nova iniciativa da Orquestra Clásica de Vigo levará a música a un espazo descoñecido para o gran público da cidade de Vigo: A Casa da Caridade

Manuel Martínez, da Clásica e Carmen Cornejo-Molíns, da Casa da Caridade.
Manuel Martínez, da Clásica e Carmen Cornejo-Molíns, da Casa da Caridade. | Vicente Alonso

A Orquestra Clásica de Vigo embárcase nun novo proxecto, “Verbenas na Caridade”. O 2, 9 e o 16 de xullo levará a música a un espazo descoñecido para o gran público da cidade de Vigo: A Casa da Caridade.

Sita no alto do Berbés, a Casa da Caridade é unha institución histórica que centra o seu labor en atender ás persoas necesitadas da contorna. Acollerá a programación musical no único claustro barroco de Vigo. Conxuga así de forma harmónica o lecer coa tarefa de sensibilizar sobre o traballo que realiza a Fundación Casa Caridade.

Esta primeira edición serán tres xornadas con tres propostas distintas de música lixeira, recollendo así a tradición da música para os cafés e as festas propias da primeira metade do século XX. Ademais cada unha das xornadas ofrecerá un servizo de bar, dilatando así o tempo do concerto cun mercadiño de mobles usados e xoguetes da Casa da Caridade.

Abrirá o ciclo un sexteto interpretando a banda sonora de “Canto de emigración” (1935) foi un insólito filme de vangarda no que o ourensán Tony Román, a segunda xornada, o cuarteto de saxofóns Kritis fará unha revisión dos xéneros que fixeron bailar na primeira metade do XX e a Orquestina finalizará con un repaso a los éxitos de la época.

Contenido patrocinado

stats