Vigueses distinguidos 2026
El IES Alexandre Boveda y el IES Álvaro Cunqueiro, Vigueses Distinguidos
A Porta do Sol converteuse un ano máis no centro da programación municipal para o Día das Letras. O escritor e músico Francisco Castro foi o encargado de ler o pregón, antes dar o concerto inaugural con Cantiga e Verso, que lidera con Welicki. Comezou a súa intervención recuperando os versos dunha copla popular que as mulleres cantaban dende O Berbés. “Son cantareiras e non saben que están gardando dentro das súas bocas a lingua galega en tempos escuros e, polo tanto de combate”. No seu discurso lembrou a Don Paco, incentivador do Día das Letras; a Rosalía de Castro, figura fundacional da literatura moderna galega ou a Juan Compañel, quen editou “Cantares gallegos”.
“Nin Rosalía, nin as cantareiras quixeron cantar ás pombas e ás flores. Foron mulleres bravas, apoderadas, con voz de seu; nunha cantiga popular hai todo un cosmos de liberdade”. Rematou afirmando que neste día “pronunciamos nunha soa palabra a definición de país: ailalá”.
O alcalde Abel Caballero pechou os discursos, declarando que “hoxe a Porta do Sol é un lugar de encontro en galego, dende aquí lanzamos a Galicia o galego, vivimos en Galicia en galego e vivimos en Vigo coa mirada posta en Galicia”, e engadiu en referencia a bandeirola do Real Club Celta prol dos postos europeos que “o Celta tamén celebra en galego”. A seguir, Castro e a súa banda comezaron o concerto, no que interpretaron poemas musicalizados de poetas galegos. O primeiro tema en soar foi “O tren”, de Andrés do Barro. “Este rapaz de Ferrol conseguiu en plena ditadura ser cinco veces número uno dos 40 Principales con temas escritos en galego, cando Serrat só o logrou unha vez en catalán”, apuntou na presentación.
Así puxo punto e final a unha programación que comezou o luns, cunha cita diaria coas Letras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar