Un mundo en papel, na Casa da Xuventude

MORRAZO

A exposición inaugurada en Cangas mostra un universo especial

redacción. cangas

Publicado: 19 mar 2014 - 10:58 Actualizado: 20 mar 2014 - 11:44

Mucha Portas e José Luis Gestido, onte na apertura da exposición en Cangas.
Mucha Portas e José Luis Gestido, onte na apertura da exposición en Cangas.

n n n Na Casa da Xuventude de Cangas foi inaugurada onte unha nova exposición baixo o nome "Arte en papel". O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura José Luís Gestido acompañado por Mucha Portas, esposa de Pablo Beascoechea voluntario da Oficina Municipal de Voluntariado e autor das obras expostas así como doutros familiares e amigos.

Gestido agradeceu a labor deste voluntario ademais de destacar o bo acabado dos diferentes traballos que conforman a mostra.

Na exposición o visitante pode encontrar todo tipo de figuras decorativas que van dende lapiseiros, cestas, caixas, barcos ata bolsos realizados con materiais reciclados como o papel e o cartón recollidos dos periódicos e revistas dando como resultado verdadeiras obras de arte.

Con esta exposición a Oficina Municipal de Voluntariado que homenaxear a Beascoechea polo seu traballo como artista novel e como voluntario realizando unha importante labor na realización de obradoiros e de actividades nas ludotecas municipais onde transmite aos máis cativos o arte de moldear o papel sen límites.

A mostra poderase visitar na Casa da Xuventude en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas ata o próximo 1 de abril.

Contenido patrocinado

stats