De Montecastelo á final Lego en Australia
A delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias, visitou aos alumnos do Colexio Montescatelo que se proclamaron campións da First Lego League e que representarán a España na final internacional en xuño en Australia. “Estamos ante o mellor exemplo do talento da mocidade viguesa e do éxito da incorporación das materias STEM á nova estratexia educativa para achegar materias tan relevantes como as ciencias, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas”, sinalou a representante autonómica. O equipo do colexio bilingüe Montecastelo en Vigo xa recibira o Primeiro Premio na categoría Challenge o pasado mes de marzo en Burgos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar