Moncho Iglesias xa ten placa na súa segunda casa, ás portas do IEV

Publicado: 09 feb 2022 - 23:20 Actualizado: 09 feb 2022 - 23:20

O alcalde Abel Caballero descubríu a placa xunto a Marisa, viuva de Moncho Igresia e Xoán Carlos Abad.
O alcalde Abel Caballero descubríu a placa xunto a Marisa, viuva de Moncho Igresia e Xoán Carlos Abad.

“Ensinante xeneroso, defensor do patrimonio cultural e estudoso da arquitectura contemporánea de Vigo e de Galicia”. Así reza a placa que onte descubríu o alcalde Abel Caballlero e Marisa, viuva de Moncho Iglesias, homenaxeado con esta inscripción. “A cidade distingue así a este gran vigués que durante catro décadas foi defensor do noso patrimonio”, apuntou o rexedor.

Ramón Iglesias Veiga (Sanguiñeda, 1957- Vigo, 2020) foi historiador da arte, profesor no IES do Porriño e “núcleo forte” no Instituto de Estudos Vigueses, polo que a placa conmemorativa colocouse ás portas da súa sede en Cánovas del Castillo, 2. “Estivo no equipo directivo do Instituto e sempre implicado cos seus obxectivos, sen dúbida débeselle moito do que conseguimos”, apuntou Xoán Carlos Abad, director do Instituto de Estudos Vigueses, quen tamén estivo presente no acto.

“Cúmprese unha débeda que a cidade tiña con Moncho, un gran investigador, pero tamén un bo amigo, unha persoa xenerosa no traballo que o compartía todo y moi didáctico nas súas publicacións”.

Abad sinalou que aínda que tocou varios ámbitos, os temas de referencia de Moncho Iglesias foron dous: “a figura de Antonio Palacios e o Rexionalismo, calquera traballo se abrague o tránsito do século XIX ao XX teno que mencionar obrigatoriamente ou estará incompleto”. Autor de catorce libros y máis de cuarente artigos, seu derradeiro título, de publicación póstuma, foi adicado a Alfageme “é un dos nosos mellores libros”, indicou Abad.

Vigo homenajea a Moncho Iglesias

Contenido patrocinado

stats