Del 10 al 12 de junio
Radar Atlántico: música en directo y sabor gallego
vigo
Xoán Carlos Abad, director do Instituto de Estudios Vigueses, coordinou “A igrexa románica de Santa María de Castrelos e o seu tempo”, unha publicación didáctica e visual dirixida ao gran público e ao traballo nas aulas, que onte presentaron na sede de Cánovas del Castillo.
Con ela estrean unha liña editorial da que xa programan novas entregas: “É interesante seguir por este campo, onde ademáis da investigación, priorizamos a divulgación”, afirmou Abad. Con ilustracións de Evaristo Pereira, que suman atractivo, á información ofrecida de forma doada e pedagóxica con textos de Mercedes Bangueses e Elisa Pereira, xunto á documentación de Fernando Costas, supón unha revolución na imaxe das obras co selo do Instituto de Estudios Vigueses.
O traballo abrangue máis alá do templo románico. Recupera toda unha época, tal e como indicou Abad: “Non se pode perder de vista que o monumento é o resultado de moito esforzo dunha sociedade e nós somos parte de esa tradición, polo que queremos amosar ese vínculo coa contorna real”. Na estudo desvelan os misterios da igrexa como as as simboloxías de inscripcións antigas e reutilizadas ou a orixe das lendas que a rodean como o vello ferreiro e a súa dona. Esta publicación forma parte da conmemoración do 800 aniversario de Santa María de Castrelos para a súa posta en valor: “Non hai constancia da auténtica xoia que perdurou nun espazo que mudou pouco do seu contexto, e das tres igrexas románicas que hai en Vigo a que se conserva en mellores condiciones”. Con este traballo, dende o IEV queren amosar o espíritu da institución que “non é un conxunto de individualidades, senon a colaboración dun colectivo”, apuntou Abad.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último