Minas e Enerxía organiza un concurso para mellorar a improvisación oral
UNIVERSIDAD
Pecha Kucha é unha modalidade de presentación oral, dinámica e curta creada no 2003 e que na actualidade está a consolidarse a través de diferentes congresos e concursos.
Adaptando este formato oriental a concurso, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía xunto coa Delegación do Alumnado puxeron en marcha o concurso Eme_Pakuxa que terá lugar os días 3 e 4 de abril no vestíbulo do centro. Trátase dun certame de improvisación oral que pretende contribuír a mellorar a técnica das exposicións orais da comunidade universitaria así como divertir ás e aos asistentes a través de exposicións breves de seis minutos e 40 segundos.
Carmen Filgueira, delegada do alumnado na EME, explica que fixeron “unha adaptación do formato Pecha Kucha”, que orixinalmente non aposta pola improvisación, para que as e os participantes aborden en público temas que non coñecen con anterioridade durante un tempo limitado. “Aínda que o tema principal será académico, queremos facelo dunha forma relaxada e graciosa”, destaca.
O concurso, que está aberto a toda a comunidade universitaria, baséase no formato de exposición 20x20, unha modalidade que restrinxe a duración das presentacións a seis minutos 40 segundos, e que está a ter moita acollida no mundo empresarial. Deste xeito, as persoas participantes poderán achegarse a este formato para traballar e mellorar as presentacións de duración limitada, nas que deben concentrarse na mensaxe nun tempo curto pero ininterrompido e así, evitar o aburrimento que adoitan provocar as presentacións longas. Carmen Filgueira engade que “a día de hoxe existen diversos concursos e congresos con presentacións deste tipo e, este evento, pode axudar a practicalas e tamén a quitarlle ferro ao asunto”.
Os obxectivos principais desta actividade son dar a coñecer o centro, fomentar a participación nas actividades propias e “por suposto, pasar un bo rato de risas entre alumnado, profesorado e todas as persoas que se queiran inscribir”, sinala a delegada. Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico co nome e titulación estudada antes do 20 de marzo á Delegación do Alumnado da escola.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez