"A miña vida é unha maleta permanente entre Bruselas, Estrasburgo e Galicia"

Ana Miranda, nova eurodiputada do BNG

Ana Miranda, xa de novo no Parlamento europeo.
Ana Miranda, xa de novo no Parlamento europeo.

A viguesa Ana Miranda (1971) volve a ser deputada no Parlamento de Europa (PE) polo BNG. É a terceira vez, e coma nas outras dúas estará no escano por espazo de algo máis dun ano. Nas eleccións de 2019 foi no carto posto de Ahora Repúblicas, coalición do BNG con ERC e Bildu, entre outros. A candidatura obtivo tres deputados, e o representante de Bildu cedeu o seu escano cando queda ano e medio de lexislatura.

Volve a ser eurodiputada. Que ten na axenda?

Hoxe-por onte- foi a primeira reunión de grupo, o carto da eurocámara, e o único grupo paritario: a partir de agora, tantas mulleres coma homes.

É a terceira vez, 15 anos.

É uhna elección do BNG que decidira que fora a candidata. Nos tres mandatos fixemos un traballo por Galicia a nivel de grupo. Non levo 15 anos, senón 4 na suma de todas as lexislaturas, o resto do traballo foi sempre estar na parte internacional do BNG e a negociación en Europa. Nin cos tres mandatos chego a un enteiro. A miña vai ser unha voz directa de Galicia, como sempre fixemos.

Como leva ir dun sitio a outro, de Bruselas a Estrasburgo e volta a Galicia?

Son tres semanas en Bruselas, logo ir a Vigo, e outra en Estrasburgo, unha sede que Francia non quere deixar, malia que nós non a queremos. A miña vida é unha maleta permanente, nen a desfago, pero levo ben os temas das viaxes: estudo, leo, non me queda outra, un terzo da miña vida pásoa en avións e autobuses porque non conduzo.

O primeiro que vai facer?

A primeira intervención desta terceira presenza na Eurocámara será na comisión de Peticións, polo “Pitanxo”, é a primeira acción, vou apoiar moitisimo a petición das familias. E logo hai pleno en Estrasburgo cos prezos da enerxía, os incendios e por suposto a acuicultura. Vai ser una semana moi galega

A estas alturas xa é unha veterana?

(ri) Espero seguir a traballar moito polas cuestións do país.

Non se senten incómodos por ter como socio a Bildu?

Non están con nós, nós estamos cos verdes europeos, pero foimos con eles as eleccións porque a circunscrición é estatal. Non houbo problema, cada un o seu. Nós polo BNG, coa orientación que temos que é Galicia o que manda o pobo.

Viu a Puigdemont por aí estes días?

Non o vin non, a verdade é que non din abasto co meu e non tiven tempo para nada.

No PE fálase moito de asuntos internacionais. No caso da invasión de Ucrainia que pensa que se tiña que facer? Está a favor de dar máis armas contra a invasión como piden os ucraínos?

Nestes momentos a onda belicista é contraproducente para os pobos europeos. No BNG estamos a favor de posición pacifista e a multilateralidade, pero esta situación é complicada e a UE ten que ver polos intereses dos cidadáns. O mercado eléctrico e os barcos que non poden saír a faenar, eses son os problemas.

Podería ser candidata en Vigo?

Candidata non, o que temos en Vigo é moi bo. Teño visión internacional de traballo e levo moito tempo traballando nestes temas. En 2019 sacamos 90.000 votos máis que en 2014 nas eleccións europeas, sobre todo na costa. Polo de agora non penso noutra cousa mentres teña este apoio o BNG do pobo galego.

Contenido patrocinado

stats