Milladoiro e Treixadura, no Intercéltico do Morrazo
Terá lugar o 26 e 27 de xullo no Palco da Alameda de Moaña e presentará tamén a novos autores
O XXIX Festival Intercéltico do Morrazo terá lugar os vindeiros 26 e 27 de xullo na Alameda de Moaña e contará cos grupos Milladoiro, o venres, e Treixadura, o sábado, como as principais atraccións desta nova edición, cita ineludible do verán galego. A concelleira de Cultura de Moaña, María Colomba López Freire, dixo que é un dos puntos de referencia da música folk en toda Europa, e dende o Concello asumimos como prioritario a súa organización.
En palabras da concelleira, apostamos pola calidade consolidada cos grupos máis prestixiosos, como son Milladoiro e Treixadura, e damos oportunidade a novos valores como é o caso de Outra vaca no millo e os Perucos, xa que a nosa idea é o de establecer o festival como unha plataforma dende a que dar difusión aos novos creadores de música galega, que nun contexto económico coma este, teñen poucas oportunidades de demostrar o seu talento. De igual xeito lembrou o cambio de liña gráfica e a apertura dunha web como forte presenza en redes sociais co obxectivo de achegar o Festival á xuventude, que xa se pode visitar en www.intercelticomorrazo.com.
Milladoiro e Treixadura agradeceron que se contase con eles para esta nova edición do Intercéltico, e incidiron na necesidade de seguir a por en valor a música galega.
Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1978 na Coruña. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos mais importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego. Treixadura é según eles sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez