La micología, un referente de otoño en la parroquia de Atios
CONDADO/LOURIñA
A comunidade de montes de Atios convida aos veciños en xeral e afeccionados ao mundo dos cogomelos, a participar na quinta edición das Xornadas Micolóxicas polos montes da parroquia.
Estas xornadas, que xa son un referente do Outono nesta parroquia porriñesa, distribúense en dous días. O primero, onte venres, adicado aos nenos do colexio público de Atios contando coa colaboración do experto micólogo Alfonso Rey, da asociación A Zarrota de Vigo, que impartiu unha charla ao alumnado de 5º de primaria e despois guiou, xunto cos mestres, unha saída de recolleita de cogomelos ao monte.
Mañá domingo, a actividade está aberta a todo o mundo a partir das 9:30, na área recreativa da Veiguiña cunha saída en grupo para identificación e colleita de cogomelos. Ao final, contra o mediodía, degustación dos exemplares recollidos e cociñados alí mesmo polos participantes.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Remo | Bandera Teresa Herrera
Tirán suma dos segundas plazas en A Coruña
Traineras | Liga ACT
Zarautz hiere a Chapela
Juegos Mediterráneos
Manu Rivas acaba cuarto en K2 y Carulla cae en dobles mixto
Ciclismo | Gran Premio Cidade de Vigo
Cambareri y Hernández ganan bajo la lluvia