MeteoGalicia prevé hoxe unha xornada con chuvias, máis intensas pola tarde

MeteoGalicia prevé para hoxe unha nova xornada de mal tempo, como consecuencia da borrasca situada ao oeste da Comunidade.

Agencias

Publicado: 09 oct 2012 - 13:56 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:45

Nas primeiras horas rexistraranse chuviscas na faixa atlántica, que darán paso a unha fronte máis activa pola tarde, con chuvias localmente moderadas na metade sur e posibilidade de tormentas.

As temperaturas permanecerán sen cambios significativos ou con algúns descensos puntuais e os ventos soprarán frouxos do sur e do suroeste.

As temperaturas nas principais localidades serán as seguintes:

A Coruña 17° 23°, Cuntis 16° 23°, Ferrol 17° 23°, Fisterra 18° 20°, Lalín 13° 23°, Lugo 13° 25°, Monforte 12° 26°, O Barco 13° 25°, Ortigueira 17° 23°, Ourense 14° 27°, Pedrafita 12° 21°, Pontevedra 17° 23°, Ribadeo 17° 24°, Santiago 16° 22°, Verín 9° 25°, Vigo 17° 23°, Vilagarcía 17° 22° e Viveiro 17° 23°.

Predición marítima:

Costa Cantábrica: Vento do suroeste pola mañá, variábel pola tarde, forza 2 a 3; maraxe. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste con ondas de 0.5 a 1 metros.

Ártabro e Bares: Vento do suroeste pola mañá, do oeste pola tarde, forza 2 a 4; maraxe. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros pola mañá a 1 a 2 metros pola tarde.

Costa da Morte: Vento do suroeste, forza 3 a 4 pola mañá a 2 a 4 pola tarde; maraxe. Visibilidade de mala a regular. Mar de fondo do suroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.

Rías Baixas: Vento do sur, forza 2 a 4; maraxe. Visibilidade de mala a regular. Mar de fondo do suroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros pola mañá a 1 a 2 metros pola tarde.

Contenido patrocinado

stats