Mércores de Verbenas na Caridade

A Clásica presenta unha nova edición de "Verbenas da Caridade", con tres concertos no único claustro barroco da cidade

Manuel Martínez, da Clásica, e Mª del Carmen Cornejo, da Casa da Caridad.
Manuel Martínez, da Clásica, e Mª del Carmen Cornejo, da Casa da Caridad.

A Orquesta Clásica de Vigo presenta a segunda edición de “Verbenas da Caridade” que busca levar a música a un espazo pouco coñecido: A Casa da Caridade, no alto do barrio do Berbés. O ciclo de concertos ten lugar no único claustro barroco de Vigo.

Desenvolverase os mércores 1, 8 e 15 de xullo, con zarzuelas de salón, A noite recreada (valses, polcas, mazurcas e pasodobres con Alejo Amoedo ao piano) y Orquestina (coa música que soou nos cafés vigueses), respectivamente. O repetorio busca recoller a tradición da música lixeira da primeira metade do século XX composta para soar tanto en cafés, como en verbenas ou festas populares. Interpretarase nun formato dilatado que incluirá música, barra de bar e un mercadiño benéfico a beneficio da Fundación casa da Caridade.

As entradas para os concertos xa están á venda en enterticket.es por un prezo único de 13 euros cada evento.

Contenido patrocinado

stats