O Mercado da Arte irmánase coas Letras

Publicado: 18 may 2023 - 00:00 Actualizado: 18 may 2023 - 00:26
A praza do Calvario volveu a acoller unha nova edición do Mercado da Arte o 17 de maio.
A praza do Calvario volveu a acoller unha nova edición do Mercado da Arte o 17 de maio.

O Mercado da Arte xa é un imprescindible o Día das Letras en Vigo. Como dende hai oito anos, onte, cuadros, libros, artesanía e tecidos tomaron os postos do peixe, da carne e das verzas na praza de abastos do Calvario. A iniciativa de Notodoelpescadoestávendido (Esther e Alba) congregou a máis de 60 propostas nunha edición adicada a Carlos Oroza no centenario do seu nacemento. Así, a editorial Elvira, unha das impulsoras da Asociación Évame, fixo un gran desembarco con escritores e artistas. Houbo proxeccións sobre Oroza, música en directo e actividades infantís nun encontro que se prolongou dez horas.

Contenido patrocinado

stats