Menchu Lamas inaugura unha retrospectiva na Casa das Artes
Menchu Lamas inaugura a mostra O tempo é un circulo este xoves na Casa das Artes. Abrangue dúas décadas da sua traxectoria, incluindo a década dos noventa e despois o periodo que vai do ano 2000 até agora.
Recolle unha escolma das obras máis significativas no evoluir da artista nestas dúas etapas ben diferenciadas. Unha xeira correspondente aos anos noventa centrada nas composicións minimalistas e configurada por solemnes formas simbólicas na procura do esencial. A etapa seguinte defínese ao redor da poética do xesto e da intensidade cromática. Un itinerario que vai da xeometría simbólica até a pulsión xestual. Trinta grandes pinturas con pezas como Ela-chuvia, Fronteira, Mirada até chegar a Noite do ano 2011.
A exposición, organizada por Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura, contará coma presenza dos seus responsables, Santi Domínguez e Xesus López, nun acto oficial que posiblemente sexa o derradeiro deste mandato. Entre os invitados tamén estarán Antón Reixa, Julián Hernández, Manuel Romón, Alfonso Armada e Antón Patiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar