pleno extraordinario
El Concello se ciñe a la presunción de inocencia en el caso Saltamontes
vigo
Tres de cada catro municipios da provincia, un total de 44, formalizaron a súa adhesión á rede ‘Ágora’ de concellos pola recuperación do espazo público impulsada pola Deputación. Trátase dun proxecto do departamento de Mobilidade que ten como obxectivo que os municipios da provincia multipliquen o espazo destinado ás persoas nas vilas, cidades e calquera núcleo de poboación reducíndoo aos vehículos a motor. No caso da comarca de Vigo a adhesión foi formalizada por Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.
O deputado Uxío Benítez, promotor da iniciativa, destacou a súa satisfacción pola boa acollida do modelo. Lembrou que no mes de maio se fixo unha presentación aos concellos, aos que se lles deu de prazo ata o 15 de setembro para formalizar oficialmente a adhesión. “O resultado é máis que satisfactorio pola nosa parte. Entendemos que é un grande éxito de participación e de acollida. Veremos de agora en diante, xa que o compromiso é incrementar o espazo público para as persoas e en xuño de 2023 temos que demostrar con datos que Ágora serviu para algo”, afirmou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
pleno extraordinario
El Concello se ciñe a la presunción de inocencia en el caso Saltamontes
Del 19 al 21 de junio
Radar Atlántico: cine al aire libre, teatro de altura y un cartel variado
Lo último