Medra o acento vigués na RAG
Gonzalo Navaza cubrirá a baixa de Xosé Ramón Barreiro e Ramón Nicolás accede como académico correspondente
Nos últimos nomeamentos da Real Academia Galega domina o acento vigués. Dous dos tres nomes aprobados polo pleno de académicos para que entren a formar parte da institución son da cidade, un como académico de número e outro como integrante correspondente.
Con voz e voto, convidaron a Gonzalo Navaza, especialista en toponimia, afincado en Vigo dende hai anos, ocupará a vacante de Xosé Ramón Barreiro. Ao ser académico de número accederá á RAG nun pleno de ingreso, que aínda non ten data. Navaza xa colabora dende hai anos cos estudos desenvolvidos dende a Real Academia Galega no ámbito da onomástica, como a realización dun diccionario de apelidos galegos que está pronto para saír ao mercado.
Tamén acordou nomear académicos correspondentes, un deles o vigués Ramón Nicolás, profesor no IES Castelao e crítico literario. Acompáñao nesta escolla á xurista coruñesa Celia Pereira, autora da primeira tese de licenciatura en galego sobre o pensamento de Concepción Areal. Avogada laboralista, membro da Irmandade Xurídica Galega, é especialista en Igualdade e Xénero, forma parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, baixo o compromiso coa lingua e coa cultura galega.
“O gusto pola toponimia ven da miña fascinación polas palabras”
Gonzalo Navaza (Lalín, 1957), profesor en Filoloxía Galega da Universidade de Vigo, especialista en toponimia, ocupará vacante deixada por Xosé Ramón Barreiro.
Como afectará este nomeamento ao traballo que xa viña facendo como académico correspondente?
Acólloo con ánimo de seguir traballando no campo da onomástica e da toponimia, para min xa forma parte da literatura. É un orgullo ocupar o lugar de Xosé Ramón Barreiro.
Ten tocado tódolos xéneros literarios, como acaba especializándose no estudo dos nomes?
Creo que a interese inicial foi máis literario, atraído por buscar a capacidade cognitiva. Non o percibo como algo diferente das outras ramas. O gusto pola toponimia xurdíu da fascinación que sempre me causaron as palabras.
Nos últimos anos, mellorou a uso de nomes en galego?
No ámbito da toponimia houbo unha restauración de xeito xeral. En canto aos nomes propios xa é unha cuestión individual que depende varios aspectos. O ritmo de recuperación dos exclusivamente en galego é menor que noutras épocas, pero está medrando. Hai un repertorio fixo, de nomes máis tradicionais, mais que se vai renovando segundo as modas e os gustos da época.
Cal está a ser a resposta ante a posibilidade de galeguizar os apelidos?
A Academia forma parte do grupo asesor. Moitos nomes e apelidos galegos foron alterados para acomodarse á grafía do castelán e agora a lei permite que volvan á súa orixinal. A tendencia vai en aumento, aínda que ten certo retraso se o comparamos co de Cataluña ou Euskadi. A demanda aumenta a través das solicitudes nos Rexistro Civil. Dende a RAG elaboramos unha guía para o rexistro sobre a forma correcta en galego. Algúns apelidos teñen a súa orixe na toponimia, son a meirande parte. Estamos facendo un diccionario dos apelidos galegos que sairá en 2022, incluría 8.000 entradas, indicando a súa orixe ou a súa distribución xeográfica. Hai que ter en conta que tamén hai apelidos galegos que teñen a mesma forma que en castelán.
“En toda biblioteca síntome no paraíso, a da RAG abre moitas posibilidades"
Ramón Nicolás (Vigo, 1966), profesor no IES Castelao, do Calvario, foi nomeado académico correspondente, polo que participará activamente en estudos e proxectos desenvolvidos dende a Real Académica Galega.
Que supón este nomeamento para a súa traxectoria investigadora?
O primeiro é unha honra, nunca pensei na posibilidade e estou moi agradecido a quen votou pola miña escolla. Para o meu labor é un estímulo, xa que supón un recoñecemento ao traballo anterior e pulo para seguir.
Como vai a afectar este novo vencello aos seus proxectos?
Teño proxectos en mente, pero non sei como encaixarán coa nova situación. O nomeamento xa se fixo oficial, pero aínda non sei o papel que me van asignar, supoño que estará no campo no que me movo, o estudo e a análise da crítica literaria ou pode que sexa a Academia a que encargue.
Pero como investigador, ábrelle o acceso a documentación interesante.
Pola miña traxectoria de ensaista e investigador desenvolvo o meu traballo en bibliotecas e hemerotecas. Sei que a RAG ten fondos de distintas materias nas que podería seguir a liña da publicación que sacará Xerais e na que participo recuperando un estudo sociolóxico feito por Xesús Alonso Montero no 69 con escritores mozos, entre eles están Novoneyra, María Mariño ou Carme Krukenberg.
Coñece a biblioteca da Academia?
En calquera biblioteca síntome como nun paraíso, tanto na do IES, como na miña ou na Penzol, a que considero a miña segunda casa. Sei que a da Academia aporta moitas posibilidades de investigación.
Este nomeamento ven a poñer o broche a un exercicio académico moi especial a nivel persoal co Ano de Xela.
Dende o caracter docente tocounos moi perto. No IES Castelao tiñamos unha obriga, xa que parte da súa formación foi no centro. Lebramos o seu paso polas nosas aulas. Como balance, as actividades foron moi ben acollidas e o instituto converteuse nun foco neurálxico para a difusión da súa figura. Como persoa que a tratou estou moi satisfeito co que fixemos, contribuimos ao recoñecemento da importancia que tivo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez