“O medievo supuxo a etapa de ouro das nosas letras, o galego- portugués era un idioma internacional”
MANUEL PORTAS Presenta mañá o seu libro “Lourenço, xograr”
Manuel Portas (Barcelona, 1960), fillo de emigrantes. Regresa a Galicia aos 12 anos. Director e profesor de lingua e literatura no Instituto Xelmírez I de Compostela, mañá chega a Vigo para presentar en Librouro "Lourenço, xograr", editado por Galaxia. Onte ofreceu, nunha entrevista a este medio, adiantaba algo da súa intervención.
O seu protagonista, Lourenço, foi un personaxe real ou é froito do maxín?
Lourenzo existíu. Foi un xograr medieval con composicións propias, pero que destacou nas compartidas, as chamadas tenzón. Era coma a regueifa culta, reservada para as veladas nos pazos, durante as xornadas literarias. Trátase dun xénero moi social, onde demostra a súa habilidade como poeta. Pero pasou a historia como o xograr que anceiaba ser trobador.
Que diferencia hai entre un xograr e un trobador?
Un trobador é un nobre, de orixe ilustre. Un fidalgo que demostraba a súa habilidade cortesá coa arte de trobar. O xograr, de orixe humilde, limitábase a interpretar e a tocar a cítola. Lourenço foi un gran poeta a quen lle sabía a pouco cantar as composicións doutros. Aquí é onde entra a miña aportación literaria, porque lle dou dunha historia de loita para lograrlo. A literatura medievalera moi clasista.
Logrou o seu propósito?
De facto si, pero de palabra non. Conseguíu que o demandarán para os tenzóns por tódalas cortes que percorría: a portuguesa, a de Toledo, a galega. A historia de Lourenço sérveme para recrear ese mundo medieval do século XIII que, pese a ser estudiado, non é tratado no ámbito literario. O Medievo supuxo a etapa de ouro das nosas letras. Naquela, o galego-portugués era un idioma internacional. Agás en Cataluña, era na lingua na que se trobaba nas cortes de toda a península.
Consérvase información desa época e dos seus poetas?
Hai información relativa das grandes figuras. Pero aínda se descoñecen moitos datos: de Martín Códax, un poeta excepcional, non sabemos se foi señor ou vilán; ou Mendiño, considerado un dos mellores, sobre quen hai moita conxectura.
Na súa novela tamén aparecen outros personaxes históricos como María Pérez. Foi das poucas mulleres sograr?
Tratouse dunha muller única. Era bailadeira e soldadeira, acompañaba ás tropas e levaba unha vida licenciosa. A parte de ter unha gran beleza, era moi intelixente. Aparece na novela oa igual que Alfonso X ou episodios moi interesantes da historia de Portugal como a guerra dos castelos.
Unha época apaixoante e pouco divulgada.
Moitas veces deixámonos engaiolar por determinadas series ambientadas no Medievo, cando nós temos personaxes que namorarían a calquera productor de Hollywood. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último