METEOROLOGÍA
Una masa de aire frío y nevadas reciben el invierno
Cultura
A sesión inaugural do Galician Freaky Film Festival rendeulle homenaxe a dous clásicos que celebran o seu 40 aniversario: “Terminator” e “Pesadelo en Elm Street” na sala Apóstrophe da Praza Elíptica. Os espectadores deron a benvida ao festival cunha mascarada que rendeu homenaxe ao carácter do festival. “Estas películas foron xestadas nunha época na que o cinema galego comezaba a dar os seus primeiros pasos nun camiño cheo de esforzo e talento por parte dos seus profesionais”, comentou Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais, en referencia á traxectoria descrita desde entón polo noso audiovisual e ao recoñecemento internacional acadado nos últimos anos.
A sección oficial, 60 curtametraxes chegadas de 29 países e dispostas para o público en diferentes bloques temáticos competirán polos oito galardóns a concurso. Destaca nesta programación competitiva a posibilidade de asistir a 15 filmes inéditos en España e a 25 estreas en Galicia, que se proxectarán a partir de hoxe nos cines Támberlick.
Títulos emblemáticos do cinema fantástico e propostas interxeracionais conforman o núcleo da programación do oitavo GFFF, que se desenvolve en Vigo desde hoxe a ata o vindeiro día 28. O certame volve contar co apoio económico da Xunta de Galicia a través da convocatoria anual de subvencións a festivais do sector audiovisual, que este ano distribuíu 300.000 euros entre 10 mostras do sector, cifra que supuxo un incremento do 33% respecto a 2023.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
fútbol | tercera federación
Hacia la zona noble
voleibol | superliga 2
El Vigo cierra el año ante un rival directo en Gijón