pleno extraordinario
El Concello se ciñe a la presunción de inocencia en el caso Saltamontes
“Esta é outra maneira de ver, a partir dos ollos e das achegas das mulleres; un xeito de mirar, non sei se diferente, pero si particular”. Rosario Sarmiento, comisaria de “Muller x Muller”, presentou así a exposición coa que se inaugurou a sala “Maruja Mallo”, na sede viguesa da Deputación. É un espazo chamado a visibilizar a producción creativa feminina, cunha programación estable con presentacións cada dous meses.
As primeiras convidadas son cinco fotógrafas con obra pertencente aos fondos municipais da colección “Vigovisións”. De 1988 a 1996 retrataron á cidade Karen Knorr, coas súas creacións escénicas inspiradas en Rosalía; a retratista Sue Packer, a través dun mosaico de rostros femininos; a reporteira Susan Meiselas documentou o labor das traballadoras portuarias, mentres Cristina García Rodeiro, coa súa poética emocional e Graciela Iturbide, con realismo máxico amosaron as expresións máis artísticas. “Estas mulleres son referentes na arte contemporánea e testemuñan o vencello entre Vigo e a fotografía”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
pleno extraordinario
El Concello se ciñe a la presunción de inocencia en el caso Saltamontes
Del 19 al 21 de junio
Radar Atlántico: cine al aire libre, teatro de altura y un cartel variado
Lo último