Vigueses Distinguidos
Sara Penedo: “Esta es una ciudad con mucho potencial deportivo”
A viguesa Marta Larralde forma parte do elenco de “A Coral”, a nova serie que a TVG emite os domingos. “Tiña moita gana de traballar en Galicia e en galego, cando me chamou o director Ricardo Novo, acepteino; era un proxecto familiar, só de catro semanas de rodaxe que comezaban xusto ao rematar a película ‘Rondallas’; saíu todo xenial, así podíame quedar en casa un pouco máis”.
Cunha temática case de musical, Larralde recoñece que ata agora só cantaba na ducha, mentres a rodeaban grandes voces como a da soprano de Porriño, Teresa Novoa; a cantante de orquestra e presentadora, Marta Iglesias; María SOA, de Fillas de Casandra ou Jesús Suárez, o primeiro actor invidente da Televisión de Galicia, que amais lidera un grupo de rock, Mar de Fondo. “Cantamos nós e a verdade é que a gravación saíu mellor do que pensaba, din a nota, nunca mellor dito”, afirma a viguesa, quen destaca a axuda de Novoa: “Quedei encantada cos compañeiros, son fantásticos e un auténtico descubrimento; lévome amigos de verdade”.
Afeita a rexistros máis dramáticos, quedou encantada con “A Coral”, unha comedia de humor branco, e agarda que lle abra un porta nova a nivel laboral.
“A Coral” foi concibida como produto para a plataforma AGalega, pero a boa acollida fixo que se emitise tamén na canle. Trátase da última aposta de Larralde en Galicia. Xunto a outras propostas das que aínda non pode falar, paralelamente produce un monólogo de autoría propia en Madrid, “gustaríame ir poder levalo a Vigo, é un proxecto moi persoal”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Vigueses Distinguidos
Sara Penedo: “Esta es una ciudad con mucho potencial deportivo”
Vigueses Distinguidos
José Alfonso González: “El Alertanavia ve el fútbol con una perspectiva distinta”