María Solar gaña o Xerais e o vigués Anxo Iglesias, o Merlín
Rocío Leira fíxose co Jules Verne de literatura xuvenil, segundo os fallos dos xurados feitos públicos onte
Son dos premios máis importantes da literatura galega, convocados por Xerais e dotados con 10.000 euros, aos que concorreron este año máis de 80 obras. Finalmente, a xornalista María Solar, rostro coñecido da televisión galega e que xa ten una importante obra publicada, fíxose merecente do Premio Xerais, na súa 49 edición, con “Culpa”.
Esta novela, “a través dunha narración moi equilibrada e áxil”, en palabras do xurado, presenta un xogo de espellos entre dúas amigas e socias, “unha relación que comeza cunha clara manifestación de apoderamento persoal e feminino para se ir convertendo nunha submisión tóxica agoniante”.
Pola súa banda, o vigués Anxo Iglesias, profesor no IES Auga da Laxe de Gondomar, conseguiu o Premio Merlín de Literatura Infantil con “Unha nova dimensión”, no que é o seu primeiro libro. “A partir do concepto matemático de dimensión artéllase un delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo”, subliñou o xurado.
Asemade, o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil recaíu en Rocío Leira, escritora que xa recibira numerosos galardóns pola súa obra en poesía, relato curto e novela e que resultara finalista en dúas ocasións nesta mesma categoría, que finalmente conseguiu este ano con “Cicuta para dous”. É unha novela para público mozo “chea de intriga e humor, tinguida de pinceladas filosóficas que dan xogo para a reflexión”.
O xurado tamén recomenda a publicación da obra presentada baixo o título “O xogo da Casandra”.
Os libros gañadores chegarán ás librarías en novembro, coincidindo co acto de entrega dos galardóns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Balonmano
Todo un ‘false friend’
tenis en silla
De la Puente se adjudica el torneo de Georgia
voleibol | superliga 2
El Club Vigo cierra el curso con un derbi en la pista del Boiro
polideportivo
Una velada con VIDE