María Oruña reedita en galego a súa primeira novela

Trátase do título que en 2015 deu inicio á coñecida serie de novela negra protagonizada pola tenente Valentina Redondo

María Oruña.
María Oruña. | Vicente Alonso

A novela “Porto escondido”, da escritora viguesa María Oruña, publícase por primeira vez en galego da man de Cumio Editora, converténdose nun dos lanzamentos máis destacados da tempada editorial. Trátase do título que en 2015 deu inicio á coñecida serie de novela negra protagonizada pola tenente Valentina Redondo, un universo literario que supera o millón de lectores e conta con múltiples traducións internacionais.

A historia arrinca en Suances, na costa de Cantabria, cando nunha antiga vivenda aparece o cadáver emparedado dun bebé acompañado dun obxecto inexplicable. Este achado desencadea unha cadea de crimes que se estende por localidades como Santander, Santillana del Mar ou Comillas, nunha trama onde pasado e presente se entrelazan nunha investigación de alto impacto.

A publicación en galego supón un novo paso na expansión da obra de Oruña en galego.

Contenido patrocinado

stats