Manquiña e Eva Souto reviven a Vidal Bolaño sobre as táboas

Representarán a obra 'Días sen gloria' este domingo no teatro García Barbón

O Centro Dramático Galego ofrece este domingo, ás 20.30 horas, a representación de 'Días sen gloria', obra escrita por Roberto Vidal Bolaño, dirixida nesta ocasión por Fefa Noia e protagonizada por Manuel Manquiña e Eva Souto.

ana baena. vigo
Publicado: 07 jun 2013 - 08:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:27
Manuel Manquiña y Manuel Guedes, onte en Vigo, xunto a María Teresa Cores. (Foto: VICENTE ALONSO)
Manuel Manquiña y Manuel Guedes, onte en Vigo, xunto a María Teresa Cores. (Foto: VICENTE ALONSO)

Conta a historia de dous antiheroes no medio dunha viaxe sen retorno. Para o Centro Dramático é a recuperación do texto que mellor resume o universo teatral de Bolaño. A obra chega ao teatro García Barbón dentro da programación da Fundación Novacaixagalicia, nunha clara aposta polas obras galegas. Onte, María Teresa Cores, directora de Contidos da entidade; Manuel Guede, director do Centro Dramático e o protagonista masculino, Manuel Manquiña, presentaron a proposta. Para o actor, 'o máis complicado foi representar as secuencias de escenas curtas, máis propias do cine, que Noia resolveu perfectamente'.

'A visión feminina de directora dalle una aportación diferente, a presenza de Manquiña coa grande musculatura no ámbito de drama, o grande traballo coral da obra e impresionante presenza sonora fan dela unha grande producción', asegurou Guede, quen afirmou que 'esta non pode ser auga de maio no que se refire a presenza de Bolaño no CDG, polo forte vencello que o autor ten co Centro tanto nos comezos do mesmo como nos seus últimos anos de vida'. Así, Guede repasou os encargos feitas ao homenaxeado 'obras imposibles que só el podía facer', como 'Mar revolto', 'A burla do galo', 'Xelmírez a gloria de Compostela' ou 'Agasallos de sombra', esta última unha peza que despertou gran polémica entre a intelectualidade, 'presentaba a Rosalía coma unha muller chea de forza, lonxe da santiña', indicou o director do Centro Dramático, que lembrou con emoción a despedida de Vidal Bolaño nunha das súas últimas aparicións públicas: 'Foi un momento excepcional, o público ofreceulle dez minutos de aplausos'.

Contenido patrocinado

stats